Coa alusión bíblica do seu título, Correa Corredoira entoa todo un rosario de salmos laicos nos que o eros trata de escorrentar a morte e puxar a brazo partido pola vida.
Son tan tenaces e apaixonados coma a súa pintura: só trasladan a mensaxe das pinceladas ao código escrito. Idénticos e vitais; coherentes. É un mesmo Xabier o que pinta, o que escribe, o que desexa.E así de híbrido e ardoroso é este Cantar de corpos. Un libro no que o amor se fai pero tamén se come, se preme, se fuma, se soña, se cociña, se zarrapica, se debulla... se respira.
[...]Porque se algo é quen de exorcizar o mal cando‘sangran as nubes’é a humidade vivificante de dúas linguas que se beixan; porque se algo é capaz de combater ese grito mudo é a forza centrífuga do máis fondo abrazo. Porque só pode‘demorar a estrela onde pace o tempo’o amor.
Do Limiar, de Yolanda Castaño
Ficha técnica
Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.
ISBN: 9788499952888
Idioma: Gallego
Número de páginas: 152
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 20/06/2018
Año de edición: 2018
Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Baía Poesía
Baía Poesía
Alto: 19.5 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Opiniones sobre CANTAR DE CORPOS
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!