📗 Libro en gallego CANTIAGA PARA JA

XERAIS - 9788497822107

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de CANTIAGA PARA JA

Cantiga para JA”, escrita por Jean-Pierre Sarrazac en colaboración con Cristina Mirjol, artéllase en torno a tres claves fundamentais. A utopía, a cantiga e a praza. A utopía, un lugar onde a harmonía remata cos conflitos. A cantiga, percorrido retrospectivo polas principais revolucións sociais do século XX. A praza que, ademais de ser o lugar fñisico onde se desenvolve a acción, simboliza todas aquelas prazas que foron testemuñas de momentos históricos nos que confluíron violencia, amor e revolta. Unha peza que é expresión da utopía da convivencia e da revolución que inventou Jose Afonso a través da reescritura libre da historia recente de Portugal. Este texto, que agora se publica dentro da colección teatral de Xerais e do Centro Dramático Galego, serviu de base para o espectáculo coproducido polo CDG, Companhia de teatro de Braga e “Coimbra, Capital nacional de Cultura, 2003) e foi estreado en Coímbra o 29 de decembro de 2003. Para a crítica Inma López Silva “cada un dos personaxes de Cantiga para JA remite a unha desas contradicións contemporáneas que veñen amosar a íntima relación entre progreso e perda de valores éticos. Jean-Pierre Sarrazac realiza así o seu particular canto á revolución, unha revolución que ultrapasa o 25 de abril e que ultrapasa a revolta popular (lida polos inventores de 1789). Trátase dunha revolución interna, moral, que dá sentido á utopía.”

Ficha técnica


Traductor: Manuel Guede

Editorial: Xerais

ISBN: 9788497822107

Idioma: Gallego

Número de páginas: 92
Tiempo de lectura:
2h 6m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 21/10/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por JEAN PIERRE SARRAZAC


Descubre más sobre JEAN PIERRE SARRAZAC
Recibe novedades de JEAN PIERRE SARRAZAC directamente en tu email

Opiniones sobre CANTIAGA PARA JA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana