Érase unha vez unha nena á que todo o mundo coñecía polo seu fermoso abrigo vermello con carapucha. Cada semana ía visitar á súa avoa, que vivía ao outro lado do bosque, para levarlle unha cesta chea de lambuzadas. Un día bateu con Lobo. Parecía tan educado, tan atractivo, tan engaiolador, tan respectable? non puido evitar namorarse del?. Carapuchiña ''en rose'' mantén un diálogo intertextual co conto clásico de Charles Perrault, revisando os roles clásicos femininos e masculinos, e lendo criticamente os modelos de amor que en moitos destes contos reais marabillosos se propoñen. Nesta nova versión de Carapuchiña, as mulleres toman conciencia da idealización do concepto de amor que lles vén imposto dende a máis tenra infancia reflexionando como, en ocasións, estes modelos de amor non son máis ca trampas que agochan actitudes machistas e misóxinas, cuxa finalidade é subxugar as mulleres baixo o poder masculino, patriarcal e dominante. Sen dúbida, Carapuchiña ''en rose'' é un relato orixinal no que a autora e o ilustrador realizan un excelente diálogo coa tradición contística, demostrando que todo é posible en literatura e que non existen fronteiras posibles.
Ficha técnica
Ilustrador: Cráneo Manel
Editorial: Everest
ISBN: 9788440311405
Idioma: Gallego
Número de páginas: 48
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 04/02/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Es
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Ánxela Gracián
Ánxela Gracián (Castroverde, 1968) é escritora de literatura infantil e tradutora. Ten publicados numerosas traducións para o galego, como Memorias de Adriano (1998) de Margarite Yourcenar, Corto Maltés ou Balada do mar salgado (2006) de Hugo Pratt. Foi gañadora da VIIª edición do Premio Plácido Castro (2008) pola súa tradución d A illa misteriosa de Jules Verne. Entre os seus títulos de literatura infantil citamos Cos petos cheos de cinza (1988), As bolboretas douradas (1999), Eu tamén fun peliqueiro de Laza (2000), Chis chisgarabís (2004), A toupiña cegarata (2005), Nun lugar chamado labirinto (2005, Lista The White Ravens 2006), Pinga de choiva (Xerais 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013).