📗 Libro en gallego CINCUENTA ASASINATOS BREVES E UN PROLOGO

ANTONIO SANCHEZ LORENZO y Ramón Gutiérrez Izquierdo

Edicións Xerais- 9788483026304

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de CINCUENTA ASASINATOS BREVES E UN PROLOGO

De orixe galega, Antonio Sánchez Lorenzo é autor de Fifty short murders and a prolog, a súa primeira postproducción literaria como socio director de Comunicación tres.1000, a empresa fantasma, con intereses literarios, que manten sólidos lazos co mundo estadounidense da costa leste. A presente edición e versión en galego desta orixinalísima obra, publicada en Xerais Narrativa, correspondeu a Ramón Guitérrez Izquierdo.Estes cincuenta e dous relatos breves, dous deles inscritos nun apéndice, naceron a partir doutras tantas novelas longas que foron reescritas, reducidas e sintetizadas por un numeroso equipo de colaboradores, dirixido e coordinado por Antonio Sánchez Lorenzo que representaba ao autor (que por vaidade prefire quedar no máis absoluto anonimato) dun traballo literario moi dificilmente publicable cos criterios que, pola súa extensión desmesurada, hoxe utiliza o mundo editorial. Antonio Sánchez Lorenzo, en calidade de representante exclusivo do autor orixinal e máis de coordinador do equipo de autores finais e como autor do prólogo, asume así a autoría total deste libro.As historias de Cincuenta asasinatos breves e un prólogo, non se refiren todas elas a asasinatos, entroncan coas caudalosas novelas de tódolos tempos, e ben puideron resumirse noutra época: un grupo de amigos descubre ó traidor gracias á cadeira sempre desocupada do café ó que acuden diariamente; a chamada da morte que persegue a alguén que se extraviou de xeito absurdo polas rúas dos suburbios da gran cidade; o regreso á Terra do derradeiro ser humano; o soño do que posuía un instinto infeliz; unha decepcionante fin do mundo... Historias todas elas que falan doutros mundos pasados, futuros ou incertos, que teñen a virtude de mergullarnos na nosa cotiá e tenebrosa irrealidade. Este libro é froito dun xogo de imposturas e suplantacións da obra literaria.De orixe galega, Antonio Sánchez Lorenzo é autor de Fifty short murders and a prolog, a súa primeira postproducción literaria como socio director de Comunicación tres.1000, a empresa fantasma, con intereses literarios, que manten sólidos lazos co mundo estadounidense da costa leste. A presente edición e versión en galego desta orixinalísima obra, publicada en Xerais Narrativa, correspondeu a Ramón Guitérrez Izquierdo.Estes cincuenta e dous relatos breves, dous deles inscritos nun apéndice, naceron a partir doutras tantas novelas longas que foron reescritas, reducidas e sintetizadas por un numeroso equipo de colaboradores, dirixido e coordinado por Antonio Sánchez Lorenzo que representaba ao autor (que por vaidade prefire quedar no máis absoluto anonimato) dun traballo literario moi dificilmente publicable cos criterios que, pola súa extensión desmesurada, hoxe utiliza o mundo editorial. Antonio Sánchez Lorenzo, en calidade de representante exclusivo do autor orixinal e máis de coordinador do equipo de autores finais e como autor do prólogo, asume así a autoría total deste libro.As historias de Cincuenta asasinatos breves e un prólogo, non se refiren todas elas a asasinatos, entroncan coas caudalosas novelas de tódolos tempos, e ben puideron resumirse noutra época: un grupo de amigos descubre ó traidor gracias á cadeira sempre desocupada do café ó que acuden diariamente; a chamada da morte que persegue a alguén que se extraviou de xeito absurdo polas rúas dos suburbios da gran cidade; o regreso á Terra do derradeiro ser humano; o soño do que posuía un instinto infeliz; unha decepcionante fin do mundo... Historias todas elas que falan doutros mundos pasados, futuros ou incertos, que teñen a virtude de mergullarnos na nosa cotiá e tenebrosa irrealidade. Este libro é froito dun xogo de imposturas e suplantacións da obra literaria.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483026304

Idioma: Gallego

Número de páginas: 200

Tiempo de lectura:
4h 42m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 02/07/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.5 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 312.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Ramón Gutiérrez Izquierdo


Ramón Gutiérrez Izquierdo, membro do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, é profesor titular no Campus de Ourense, onde imparte as materias de lingua e literatura galega. Cursou estudos de Filosofía e Ciencias da Educación, de Psicoloxía e Pedagoxía, e formou parte da Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega. Ademais de varios libros e artigos sobre literatura galega e da tradución da obra de Douglas Gifford, Warriors, Gods & Spirits of the Central and South American Mythology, publicou Lecturas de nós. Introducción á literatura galega (Xerais, 2000), obra que ao longo de máis de quiñentas páxinas enfía o discorrer histórico da literatura galega, desde os trobadores ata finais do século XX, a partir de 27 textos significativos -quince poemas e doce relatos-, que comenta e interpreta en conexión con variados motivos das letras universais. Tamén é o responsable da edición dos relatos de Antonio Sánchez Lorenzo -un xogo de imposturas e suplantacións- aparecidos co título de Cincuenta asasinatos breves e un prólogo (Xerais, 2001). Desde hai dez anos dirixe o curso de «Interpretación e Creación literaria» da Universidade de Vigo. En 2009, o volume Shakespeare´s Sonnets Global (Edited by Manfred Pfister and Jürgen Gutsch), que reúne traducións escollidas dos sonetos do bardo inglés a máis de sesenta e cinco linguas, incluíu a versión de Ramón Gutiérrez Izquierdo do soneto 128, aparecido na revista Viceversa como parte dun ensaio sobre a tradución da poesía lírica en xeral e as versións ao español e ao portugués dos poemas de William Shakespeare. En 2011 publicou a edición bilingüe dos Shakespeare´s Sonnets, que inclúe comentarios pormenorizados de todos e cada un dos Sonetos do bardo de Stratford.
Descubre más sobre Ramón Gutiérrez Izquierdo
Recibe novedades de Ramón Gutiérrez Izquierdo directamente en tu email

Opiniones sobre CINCUENTA ASASINATOS BREVES E UN PROLOGO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana