Sinopsis de CONTORNOS: APUNTES DE FILOSOFIA NATURAL
Como el ben explica no prólogo, estes apuntes participan a un tempo da creación literaria e da observación científica, unha condición apropiada para un dos catro libros cos que a colección FERROS �especialmente interesada en textos inclasificables� se pon en marcha. Tamén nos advirte Queipo que algúns destes apuntes foron publicados previamente en distintas revistas especializadas, de maneira que na construcción do conxunto non renuncia a recuperar textos polo feito de non seren inéditos, actitude coa que fai valer a estratexia de autor fronte a calquera estratexia de editor mal baseada na permanente sensación de novidade. Pero é na materia das súas observacións e reflexións onde a diferencia se pon de manifesto con maior relevancia.
Ficha técnica
Ilustrador: Fausto C. Isorna
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475078939
Número de páginas: 93
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 12/06/2001
Año de edición: 1995
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier Queipo
Xavier Queipo (Compostela, 1957). Dende 1990 escribe e publica regularmente en galego. É autor, entre outros libros, de «Ártico e outros mares» (narrativa breve, 1990), «Ringside» (contos, 1993), «O Paso do Noroeste» (novela, 1996), «Malaria sentimental» (novela, 1999), «Papaventos» (novela, 2001), «O ladrón de esperma» (contos, 2001), «Os ciclos do bambú» (contos, 2003), «Glosarios» (poesía, 2004), «O espello e o dragón» (literatura infantil, 2005), «Dragona» (novela, 2007), «Caderno da Revolución Cultural» (crónicas radiofónicas, 2007), «Saladina» (novela, 2007), «Felices e diferentes» (crónicas radiofónicas, 2009), «A illa dos cangrexos violinistas» (literatura infantil, 2009), «Cartas marcadas» (ensaio, 2010), «Ártico 2.0» (narrativa breve, 2011), «Extramunde» (novela, 2011, Premio Xerais de Novela, Premio Arcebispo San Clemente); «55» (relatos, 2014), «Os Kowa» (novela, 2016, Premio Eduardo Blanco Amor 2015), «Home invisíbel (poesía, Premio Illas Sisargas de poesía erótica, 2018), «Minutos para medianoite» (poesía, escrito a catro mans con Ramón Neto), «Corazón de Manteiga» (novela, 2020), «Final feliz» (relatos, 2022) e 66 (Xerais, 2025). Membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Recibiu varios premios en Galicia, entre eles o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor escritor galego en 2011, o Premio da Crítica española en 1991 e o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura (en colaboración), pola tradución do «Ulysses» de Joyce ao galego (2014). Participou en numerosos libros colectivos e antoloxías. Traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert, e do inglés a Conrad e Joyce. Obras súas están traducidas ao castelán, portugués, francés e italiano. Fotografía do autor: Cé Tomé.