Pertence Darío Xohán Cabana á "Grande Xeración" de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodríguez Yáñez recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romeán cunha das figuras da literatura galega contemporánea que posuíndo múltiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clásicos coas novas tendencias. "Vida e Literatura", "Poesía", "Narrativa" e "Traducion" son algúns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaído retrato humano, literario e político deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha "Cronoloxía" e "Bibliografía", ademais dun apartado "Fotobiográfico" completan un volume que constitúe unha formidable achega para un mellor coñecemento dun dos máis recentes membros da Academia Galega.Pertence Darío Xohán Cabana á "Grande Xeración" de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodríguez Yáñez recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romeán cunha das figuras da literatura galega contemporánea que posuíndo múltiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clásicos coas novas tendencias. "Vida e Literatura", "Poesía", "Narrativa" e "Traducion" son algúns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaído retrato humano, literario e político deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha "Cronoloxía" e "Bibliografía", ademais dun apartado "Fotobiográfico" completan un volume que constitúe unha formidable achega para un mellor coñecemento dun dos máis recentes membros da Academia Galega.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497825382
Idioma: Gallego
Número de páginas: 296
Tiempo de lectura:
7h 1m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 28/08/2007
Año de edición: 2007
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Conversas
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Conversas
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 443.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Yago Rodríguez Yáñez y José Luís Calvo
Yago Rodríguez Yáñez (Lugo, 1980) é Licenciado con Grao en Filoloxía Hispánica e Doutor en Filoloxía inglesa pola USC. Na actualidade é profesor no IES Gregorio Fernández de Sarria. Autor de numerosos traballos de Literatura e Lingüística, estuda figuras como as de Darío Xohán Cabana, John Keats ou Rosalía de Castro. Como poeta recibiu o premio do Certame Lucus Augusti (2007).
J.Luis Calvo (Oviedo, 1973) é profesor de Lingua e Literatura españolas no IES Mercurio de Almadén (Ciudad Real). Creador e director de Evohé, Revista Cultural do Campus de Lugo (1996-1998). Como poeta publicou La hija imperfecta e Definitivo territorio, este en galego, e como narrador Ulises no mar de Vigo (Premio de Relato Curo Ánxel Fole). Como estudoso da literatura centra as súas investigacións nas figuras de Antonio Gamoneda e Darío Xohán Cabana. E publicou os libros Lorenzo Varela na escola. Vida e morte do exilio galego e Conversas con Darío Xohán Cabana (Xerais 2007).