📗 Libro en gallego CRONICA DE OFIUSA

FRANCISCO VAZQUEZ CHANTADA

SOTELO BLANCO EDICIONS - 9788478244331

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de CRONICA DE OFIUSA

Francisco Vázquez Chantada

Novela de xénero fantástico e novela de educación, na que tamén hai cabida para a reivindicación política, Crónica de Ofiusa xira arredor da viaxe iniciática dun personaxe —a penas un neno cando comeza o relato— que se ve sometido a unha serie de probas, e que ó longo da novela experimenta a metamorfose que o converte no guerreiro capaz de liberar o seu pobo da tiranía.
«Esta é a historia dunha viaxe polas terras míticas de Ofiusa. Para Ando é, ademais, unha viaxe iniciática.
Desde as terras de Sonán vai partir para converterse en guerreiro na procura de Ofiusa... Pero antes precisa superar dúas probas nas que terá que demostrar firmeza e valentía. E así, por fin, deixa atrás a casa e tamén a infancia «...Ando sabe que o sol mora alén destes outeiros, cara ó nacente, e vai tras del...». Cruzando o Río Maior cos seus estraños moradores, atravesa por extensas terras baixo os estandartes de Non Fal.
Atopará a Axe, o amigo guliaire. No Palacio de Novelúas lerá —coa axuda da pequena Dosinda— nas «pedras abrideiras», a historia resgardada do País e as nove batallas que precederon a dominación. Alí tamén coñece a Queade e o amor e sentirá o alento da mesma morte a rentes del... mentres se prepara para enfrontarse co inimigo.
Como di o Cántico que pecha a novela: “... mentres o tempo de vivir en paz non chega, e a vida non se modifica, que as vellas derrotas nos fagan fortes, que o alento da terra prosiga onde campa o silencio e seixo duro”».


Ficha técnica


Editorial: Sotelo Blanco Edicions

ISBN: 9788478244331

Idioma: Gallego

Número de páginas: 164
Tiempo de lectura:
3h 50m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/11/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Santiago de Compostela

Especificaciones del producto



Opiniones sobre CRONICA DE OFIUSA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana