Unha novela fundamental na obra de Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul viu a luz por vez primeira no ano 1996 e aparece agora publicada (2005) nunha nova edición dentro da Biblioteca Carlos Casares, que Editorial Galaxia dedica á obra do autor ourensán.
Casares comeza Deus sentado nun sillón azul describindo unha muller que observa a través dunha ventá. Na casa de enfronte, le e fuma sentado nun sillón azul. Ela ve un ser avellentado que semella agardar algo escuro e terrible, xa non é aquel profesor mozo, brillante e inchado coa superioridade dun Deus. Transcorrerá xa un tempo marcado pola dor e o desexo, polo amor e o crime. Un tempo inzado de palabras e actos sobre os que a memoria bota nova luz. Casares constrúe unha ficción na que a narración axuda a reflexionar sobre o papel dos intelectuais, a súa responsabilidade e as relacións co poder. Deus sentado nun sillón azul tamén é unha esclarecedora meditación sobre a elaboración da memoria e a influencia do paso do tempo sobre o xeito de entender a vida
Ficha técnica
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788482880389
Idioma: Gallego
Número de páginas: 276
Tiempo de lectura:
6h 32m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 07/05/2001
Año de edición: 1996
Plaza de edición: Vigo
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Carlos Casares
Carlos Casares nació en Xinzo da Limia (Orense) en 1941. Estudió Filología Románica en Santiago de Compostela, donde desarrolló una intensa labor política. En 1967 publicó su primer libro, «Vento ferido» (Viento herido), que sacudió los cimientos de la literatura gallega de la época. Terminada su licenciatura, se incorporó como docente a varios centros de enseñanza, de donde fue destituido e inhabilitado en varias ocasiones por sus ideas políticas. Empezó a colaborar de manera habitual en «La Voz de Galicia», y en 1976 recibió el Premio de la Crítica española por su novela «Xoguetes para un tempo prohibido». Dos años después ingresó en la Real Academia Galega. En 1985 se convirtió en el nuevo director de la Editorial Galaxia, buque insignia del galleguismo. Viajero y lector incansable, mantuvo una íntima amistad con Álvaro Cunqueiro, con Ramón Piñeiro —el gran ideólogo galleguista de la posguerra— o con Gonzalo Torrente Ballester, a quien frecuentaba a diario durante los veraneos en Galicia del fallecido autor de «La saga/fuga de J.B.». Fue presidente del PEN Club Galicia. Falleció en el año 2002.