Elisa Sánchez Loriga —convertida en Mario— e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño de 1901. Na primeira parte deste libro descríbense as súas peripecias na Coruña, Porto e Bos Aires, analízanse as medidas adoptadas polas autoridades eclesiásticas, académicas e xudiciais sobre o matrimonio sen home e reconstrúese a repercusión pública do caso. Na segunda parte faise unha lectura desta historia desde o hermafroditismo, o lesbianismo, o travestismo e o feminismo. O hermafroditismo foi a coartada e o travestismo o instrumento do que Elisa se valeu para consagrar os seus amores con Marcela, que as reivindicacións feministas fixeron viables.
Ficha técnica
Editorial: Nigratrea
ISBN: 9788495364753
Idioma: Gallego
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 02/12/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por NARCISO DE GABRIEL
Narciso de Gabriel é catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña. Foi director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (1993-2005) e decano da Facultade de Ciencias da Educación (2005-2012). Os seus libros máis recentes son Elisa e Marcela. Amigas e amantes (2019), Xosé María Álvarez Blázquez, mestre republicano (Editorial Galaxia, 2019), Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés (Editorial Galaxia, 2021) e Os mestres mortos daquel verán (Editorial Galaxia, 2023). Recibiu os premios de investigación María Barbeito, Losada Diéguez e da Crítica por Escolantes e escolas de ferrado (2001) e o Concepción Arenal por Ler e escribir en Galicia. A alfabetización dos galegos e das galegas nos séculos XIX e XX (2006). Na actualidade dirixe Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación.