Luísa Villalta acada en 2004 o Premio Espiral Maior de Poesía con En concreto, publicado pos tumamente. Este poemario eríxese sobre o pavimento da cidade hercu lina, ao redor da que xira toda a obra, a súa “Cidade Alta”, e mesmo toma corporeidade formal en poe mas como “Obelisco”. Nestes versos Luísa Villalta acada o cume da súa madurez poetica, onde a vontade conceptual e refle xiva e o pouso comprometido e po lítico que caracterizan toda a a súa produción chegan á súa expresión máis depurada. Unha homenaxe á súa cidade, coa que se sente profundamente identificada: “O meu nome e o da Cidade Alta”, escribe a poeta. Esta edición de Editorial Galaxia acompáñase das fotografías de XUR XO LOBATO e dun limiar de ESTÍBALIZ ESPINOSA, tamen coruñeses, que con textualiza e explica a obra.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411762120
Idioma: Gallego
Número de páginas: 144
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 16/05/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Libros singulares e fóra de colección
Libros singulares e fóra de colección
Número: 178
Alto: 24.8 cm
Ancho: 17.1 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 576.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Luísa Villalta
Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), alén de extraordinaria poeta, foi tamén unha destacada narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga e violinista. A súa obra dramática reúnese en Teatro completo (Galaxia, 2024), e as narracións, Siléncio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001), en Narrativa reunida (Galaxia, 2024). Como ensaísta publicou O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992), O outro lado da música, a poesía (1999; Galaxia, 2021) e Libro das colunas (2005; Galaxia, 2024), ademais de Narrativa inédita e dispersa (Galaxia, 2024).