Editorial Galaxia, S.A. - 9788498650976
Esta é a edición facsímile onde se recollen en dous tomos esta Escolma de poesía galega, publicada por vez primeira o volume I en 1952 e no 1959 o volume II. Na Escolma de poesía galega I. Escola medieval galego-portuguesa, Álvarez Blázquez reúne poemas dun gran número de trobadores medievais acompañados de breves anotacións biográficas e lúcidos apuntamentos críticos. En 1975 publica na súa editorial Castrelos unha versión revisada e ampliada desta antoloxía: Escolma da poesía medieval (1198-1354). A esta frutífera etapa da lírica galega Álvarez Blázquez dedica moitas páxinas cheas de sabedoría e perspicacia, entre as que é preciso salientar o estudo Martín Códax. Cantor del mar de Vigo (1962), obra pola que recibe o premio Álvarez García de 1958, convocado pola Asociación da Prensa de Vigo. A Escolma de poesía galega II. A poesía dos séculos XIV a XIX consta de cinco apartados: "Os derradeiros trovadores (1354-1491)", "Cantigas paralelísticas e vilancetes anónimos (séculos XV e XVI)", "Os vilancicos de Nadal e Reis (séculos XVII a XX)", "Poesía anónima de circunstanzas (séculos XV a XIX)" e "Os poetas académicos (séculos XVI a XIX)". A maioría dos textos pertencentes aos denominados Séculos Escuros son descubertos por Álvarez Blázquez, a quen tamén lle corresponde o mérito de difundir outros de difícil acceso. Agudos comentarios acompañan os textos escolmados. A busca e a sistematización de textos literarios deste amplo período temporal —que Álvarez Blázquez denomina "as fontes"— é unha tarefa constante ao longo da súa vida.
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé María Álvarez Blázquez
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!