Setembro de 1964. Sabela, unha mestra que acaba de sacar as oposicións, chega á parroquia de Brandeira. Alí agárdana a súa primeira escola e moitas outras cousas que non esperaba atopar: unha casa abandonada, luces misteriosas, unha alumna inquietante, uns amores truncados e as feridas do pasado que continúan abertas. Sabela descobre que non todo é o que parece, que a vida sempre te sorprende alí onde menos o agardas e que os finais dunhas historias dan paso ao comezo doutras. Un relato intenso, ás veces inquietante, que non poderás deixar ata o final.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491516453
Idioma: Gallego
Número de páginas: 200
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/06/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Costa Oeste
Costa Oeste
Número: 125
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Beatriz García Turnes
Beatriz García Turnes naceu en Santiago de Compostela en 1973 e actualmente vive en Teo. É filóloga e profesora. Escribe dende a adolescencia e, no ámbito da ficción, publicou o discurso "Os mellores agasallos" do «Libro dos Reis Magos» (2012), o libro de contos «Comando Sintrom» (2024) e tres novelas xuvenís: «Valdamor» (2001), que foi premio Lecturas da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix); «O ouro das lúas» (2018) e «Esta noite hei de ir a verte» (2021). Tamén ten publicados libros e artigos relacionados co seu traballo de lingüista. En 2024 publicou «A maldición do papiro alexandrino» na colección Fóra de xogo de Xerais.