📗 Libro en gallego EXOGAMIA 0.3

Edicións Xerais - 9788499142227

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de EXOGAMIA 0.3

John Brockman sostén que a ciencia é a única noticia, o único verdadeiramente novidoso que hai hoxe sobre a Terra. Na ciencia sempre hai algo novo: a internet, as células-nai, as vacinas contra a SIDA, as probas de ADN, os avances contra o alzhéimer, a loita contra o cambio climático. Ningunha empresa ten o monopolio dos números. Ningunha nación ten a soberanía sobre a adenina e a guanina. Ningún imperio goberna as ondas cuánticas, a astrofísica ou o cálculo diferencial.
Hoxe debe haber sitio para todos na celebración do coñecemento, unha verdade que non se pode vender nin mercar nin impoñer pola forza, nin conter nin evitar. A ciencia é imparable. Exogamia 0.3 reúne media ducia de relatos, non estritamente literarios, suxestivos e non pechados, que permiten abrir un debate necesario sobre algúns dos temas candentes do noso tempo, cuestións nas que a ciencia é protagonista, problemas decisivos para a humanidade aos que ninguén pode quedar alleo.

Ficha técnica


Ilustrador: Manuel Busto

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499142227

Idioma: Gallego

Número de páginas: 96

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 28/03/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 0.7 cm
Peso: 108.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Ramón Caride


Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario «Paisaxe de verde chuvia» (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como «Soños eléctricos» (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; «Sarou» (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio «Sarou / Louzós» (Xerais, 2012); «O frío azul» (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); «O sangue dos camiños» (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; os libros de relatos «Flash-Black 13» (2014), «Exogamia 0.3» (Xerais, 2011), «Endogamia 0.2» (Xerais, 2013), «Singamia 1.1» (Xerais, 2019), «Dedre» (Xerais, 2004), «Liquidación de existencias» (Xerais 2016) ou «As superviventes» (Xerais 2025). O volume antolóxico «As máscaras de Cronos» (Xerais, 2006), «A chuvia humana» (2011), e «Criptografías» (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: «Perigo vexetal» (Premio Merlín 1995), «Ameaza na Antártida» (1997), «O futuro roubado» (1999), «A negrura do mar» (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e «O camiño da Estadea» (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil, publicou en Xerais «Andanzas de Xan Farrapeiro» (2009), «A pomba dona Paz» (2012), «Catro amigos pillabáns» (2012), «O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas» (2013), «As viaxes de Ruki» (2014), «Sara ten un segredo» (2018), «As músicas viaxeiras» (2021) e «O misterio das zocas» (2025).
Descubre más sobre Ramón Caride
Recibe novedades de Ramón Caride directamente en tu email

Opiniones sobre EXOGAMIA 0.3


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana