«Facer dedo» é unha historia disparatada, unha aventura chea de humor e situacións hilarantes que transcorre a bordo dun automóvil ao que se van incorporando peculiares pasaxeiros. Un texto rimado presenta a un surfista que se prepara para ir á praia coa súa táboa. O resultado deste libro de Guilherme Karsten é un relato acumulativo, con moito ritmo e sonoridade, e cun esquema circular que culmina nun final sorprendente e aberto. A proposta gráfica, que transcorre de forma liñal, destaca polo colorido das escenas e polos contrastes cromáticos no marco dunha estética urbana, alegre e desenfadada.
Ficha técnica
Traductor: Xosé Ballesteros
Ilustrador: Guilherme Karsten
Editorial: Kalandraka Editora
ISBN: 9788413430775
Idioma: Gallego
Número de páginas: 36
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 26/05/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Pontevedra
Colección:
Demademora
Demademora
Alto: 25.5 cm
Ancho: 27.5 cm
Peso: 452.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre FACER DEDO
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!