Este libro pretende ofrecer, a través da unidade que conforman as visións fotográfica, pictórica e escrita, unha breve achega a algunhas das circunstancias biográficas e literarias que agroman na lírica da sinceridade que sen dúbida practicou Fiz Vergara Vilariño. De exquisita delicadeza, debeu loitar coa enfermidade e coa incomunicación dende a súa Lóuzara Xabreira, polo que solicitaba decontino as visitas e as epístolas dos seus camaradas. Ó xeito dun trobador namorado, agardará por sempre, na compaña da soidade e da bremanza, a chegada da súa dama, “xunto ó vello muíño” e á Fonte da Cova, marco onde concorren os devanceiros e o retorno á infancia. Fiz arelaba, unha vez desaparecese da vida, liberarse das ataduras físicas e que o seu corpo, alleo ó sufrimento, fose convertido “nun ramallo de panqueixos e caraveis”.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491515807
Idioma: Gallego
Número de páginas: 88
Tiempo de lectura:
2h
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/12/2020
Año de edición: 2020
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Reportaxe
Reportaxe
Número: 23
Alto: 24.0 cm
Ancho: 21.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Yago Rodríguez Yáñez
Yago Rodríguez Yáñez (Lugo, 1980) é Licenciado con Grao en Filoloxía Hispánica e Doutor en Filoloxía inglesa pola USC. Na actualidade é profesor no IES Gregorio Fernández de Sarria. Autor de numerosos traballos de Literatura e Lingüística, estuda figuras como as de Darío Xohán Cabana, John Keats ou Rosalía de Castro. Como poeta recibiu o premio do Certame Lucus Augusti (2007).