Sinopsis de GALERIA DE ESQUECIDOS DE FELICIANO LOBELOS
As esculturas de Ermelinda eran todas pezas dun tamaño semellante, de un metro de alto aproximadamente.Todas respresentaban a figura dun home. O home, que manifestamente non sempre era o mesmo (habíaos gordos e fracos, con barba e sen ela, etc.), tiña en tódolos casos un enonne pene que, como era tamén manifesto, a duras penas podía soster. O pene -ou "pollón", como pronto dixeron as xentes-, sempre xigantesco, presentaba diferentes posicións: caído ata o chan, teso cara adiante, teso cara arriba, mesmo dobrado sobre o lombo e decendo polas costas. Pero sempre obrigaba ó propietario a un visible esforzo por soporta-lo seu peso.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475077550
Número de páginas: 112
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/05/2001
Año de edición: 2001
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Miguel Vázquez Freire
Miguel Vázquez Freire naceu en 1951, en Corcubión. Catedrático de Filosofía de ensino secundario, publicou numerosas obras no campo da literatura infantil e xuvenil, varias en colaboración con Xosé Tomás como ilustrador: O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos (2007); María é maior (2007), Contos de Reis e de Nadal (2007), Xurxiño quere ser... (2010), O souto escuro e perigoso (2011) e Fadita fosca (2013). Pola obra de teatro A princesa Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos, escrita en colaboración con Gloria Sánchez, recibiu o Premio Xacobeo de Teatro de Monicreques 1994. A novela xuvenil Anxos en tempos de chuvia (1997) mereceu formar parte da Lista de Honra do IBBY. En Galaxia publicou o ensaio sobre filosofía e teatro Estética e teatro (2006). As súas obras máis recentes son: Da Carapuchiña ao señor Lamote (2019), De Compostela a Braga e de Braga a Compostela. O Pío Latrocinio e outras vellas inimizades (2022) e O moucho voa. Filosofía en 28 conversas (2022).