📗 Libro en gallego GALICIA: RAICES E COMPROMISO

IR INDO - 9788476807231

Historia local de España Galicia

Sinopsis de GALICIA: RAICES E COMPROMISO

Cando aquí falo de “historia” non me refiro só ó que normalmente entendemos por tal cousa, senón sobre todo ós efectos que tal historia e os seus relatos foron producindo en nós, no seo da sociedade galega e dos individuos particulares, e que pesan aínda sobre nós. Trátase do efecto ou resultado ó que en definitiva se refería tamén no fondo Rosalía cando en Follas Novas dicía que se sentía “estranxeira na súa patria”. Era preciso, pois, pensar e analizar tamén os modos de sermos e procedermos. Aquilo que os antropólogos culturais ou sociais denominan a “cultura” dun determinado grupo social ou país e que non se identifica sen máis co grao de saberes simplemente técnicos ou científicos dos que un conxunto humano poida dispoñer. Trátase daquela “cultura” que proporciona cohesión e mutuo entendemento ós que dela participan, que os diferencia dos que participan doutra cultura distinta e que ten a súa manifestación máis evidente na propia lingua. Deste modo quedan sintetizadas as tres grandes partes nas que se distribúen as análises e as reflexións que estruturan a armazón do libro: “Cultura”, “lingua” e “país”. Evidentemente, non se trata de asuntos mutuamente independentes, pois cada un deles depende dos outros dous e ó mesmo tempo posibilítaos e poténciaos.

Ficha técnica


Editorial: Ir Indo

ISBN: 9788476807231

Idioma: Gallego

Número de páginas: 285
Tiempo de lectura:
6h 46m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 28/01/2016

Año de edición: 2016

Plaza de edición: Pontevedra

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Cabada Castro


Descubre más sobre Manuel Cabada Castro
Recibe novedades de Manuel Cabada Castro directamente en tu email

Opiniones sobre GALICIA: RAICES E COMPROMISO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana