O Caderno GRIAL correspondente a Nadal 2006 está dedicado a un dos grandes artistas do libro: Ricardo García Suárez (Xohán Ledo), a quen Galaxia dedica unha atención especial neste número extraordinario. Unha viaxe pola biografía e a obra dun dos máis significativos creadores da edición galega. Xohán Ledo asumiu a imaxe gráfica da Editorial Galaxia dende 1950 ata ben andada a década dos 80. As súas cubertas, o deseño interior dos libros, as ilustracións das coleccións de Galaxia adquiren nese período unha significación especial. Xunto con Luís Seoane no exilio, Xohán Ledo é o gran innovador da imaxe gráfica do libro en lingua galega. O Caderno GRIAL está dedicado á personalidade e á obra deste artista gráfico, médico de profesión, que dende o primeiro momento formou parte do equipo de dirección e xestión da editora. Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto, os seus compañeiros de edición nesta época, abren o número con sendas lembranzas. Gustavo Garrido percorre a biografía do autor, cunha mostra de documentos gráficos procedentes do album familiar (familia García Alonso). Víctor F. Freixanes propón un repaso representativo das "caras do libro" dende a Idade Media ata os nosos días, e Xosé Díaz, Manuel Janeiro e Uqui Permui colaboran con ensaios sobre a obra de Xohán Ledo e as características da edición gráfica do libro. Fausto Isorna inclúe unha fermosa homenaxe gráfica. Trátase de presentar aos lectores de GRIAL a personalidade dun dos grandes creadores do libro galego moderno, pouco coñecido do gran público, en parte pola súa discreción e a súa humildade. Da súa autoría é o oleo onde aparecen os compoñentes do primeiro equipo de xestión da editora: Rufo Pérez, Emilio &Aacu
Ficha técnica
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788482886817
Idioma: Gallego
Número de páginas: 84
Tiempo de lectura:
1h 54m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/02/2007
Año de edición: 2007
Plaza de edición: Es
Especificaciones del producto
Opiniones sobre GRIAL CADERNOS (NADAL 2006)
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!