📗 Libro en gallego GRUPO ABELIANO

XERAIS - 9788483024669

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de GRUPO ABELIANO

grupo abeliano de Cid Cabido foi a obra merecedora do Premio Blanco Amor de novela 1999, organizado polo concello de Bueu. Cid Cabido (Xunqueira de Ambía, 1959), escritor, guionista, traballa en Edicións Xerais de Galicia, onde dirixe a colección Ferros. Autor dunha coidada obra narrativa, na que destacan obras como Días contados (relatos, Xerais, 1991), Premio Cidade de Lugo de Narrativa; Panificadora (novela, Xerais, 1994), Premio Blanco Amor de novela; e Oralmente pola boca (relatos, Xerais, 1997). En colaboración co actor Andrés Álvarez Vila obtivo o Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais coa obra Copenhague (Xerais, 1992).
En grupo abeliano Seis ou sete mozos circulan durante unha semana por diversos lugares equivalentes a calquera outros. Situados á marxe da sociedade, observan e interveñen. A súa vontade maniféstase con inusual potencia persuasiva, modifíca o comportamento das persoas, dilúe os conflictos. Os compoñentes do grupo, indiscernibles como individuos pola peculiar forma de narración, saben con certeza o que non queren. Prefiren evitar a condena de traballar para que outros vivan plenamente. E sobre todo, queren irse, non importa a onde, malia ser conscientes de que o mundo é igual en todas partes. A voz narradora de grupo abeliano distínguese pola súa memoria selectiva, o constante ton irónico e unha relativa imprecisión comenenciuda.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483024669

Idioma: Gallego

Número de páginas: 152
Tiempo de lectura:
3h 33m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/05/2001

Año de edición: 2000

Peso: 247.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por XOSE CID CABIDO


Cid Cabido (1959) como narrador ten publicadas, entre outras, as seguintes obras: Días contados (Xerais 1991), relatos, Premio Cidade de Lugo de Narrativa; Panificadora (Xerais 1994), novela, Premio Blanco Amor de novela 1994; Oralmente pola boca (Xerais 1997), relatos; grupo abeliano (Xerais 1999), Premio Blanco Amor de novela 1999, traducida ao castelán por Alianza Editorial; Fálame sempre (Xerais 2003), relatos, Blúmsdei (Xerais 2006), novela; Unha historia que non vou contar (Xerais 2009), novela; Tres pintores (Xerais 2018), Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018 e Antón Reixa. Ghicho distinto (Xerais 2012).
Descubre más sobre XOSE CID CABIDO
Recibe novedades de XOSE CID CABIDO directamente en tu email

Opiniones sobre GRUPO ABELIANO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana