📗 Libro en gallego HISTORIA DA EDUCACION E DA CULTURA EN GALICIA (SECULOS IV-XX)

PERMANENCIAS E CAMBIOS NO CONTEXTO CULTURAL E EDUCATIVO EUROPEO

Edicións Xerais - 9788497822206

Pedagogía Historia y filosofía de la educación

Sinopsis de HISTORIA DA EDUCACION E DA CULTURA EN GALICIA (SECULOS IV-XX)

Esta impresionante obra do profesor Antón Costa Rico analiza e valora o rico e múltiple pasado educativo e cultural de Galicia desde a súa romanización e cristianización até o presente, á luz e no contexto da historia cultural e educativa europea. Importantes personaxes, institucións educativas e culturais, iniciativas e obras intelectuais e literarias saen á luz nuns casos, ou son examinadas no cadro da sociedade galega e nos contextos hispano e europeo, cando é oportuno. Unha obra que constitúe unha detida análise dos procesos educativos e culturais en Galicia no tempo da historia antiga, durante a alta e baixa Idade Media, no renacemento, ao longo do Antigo Réxime e da Ilustración, así como os dous últimos séculos da historia de Galicia. A materia de estudo, as súas formas, os libros e os textos, as idades escolares, a biblioteca, as institucións, os intercambios dos galegos con Europa e América, o papel da Igrexa Católica entre nós, os conflitos culturais, a incoporación dos avances e das reformas científicas, isto é, unha visión poliédrica do que fomos desde o ángulo educativo e cultural; unha historia social do coñecemento en Galicia, co trasfondo da historia cultural e educativa europea.Prologada por Xosé Ramón Barreiro Fernández e por Agustín Escolano Benito, a obra componse de dez capítulos, cun extraordinario acompañamento de notas críticas e de referencias bibliográficas, unha antoloxía de textos literarios e pedagóxicos acaídos e amplos índices analíticos, onomásticos, toponímicos, de obras e de institucións citadas no texto, máis unha biografía xeral.Unha obra fundamental de estudo, de referencia e de consulta obrigada, sobre a nosa historia cultural e educativa, elaborada con criterio académico e tamén marcadamente didáctico, de interese para profesores de todos os niveis educativos, estudosos, curiosos e lectores no campo da historia, da literatura e a filoloxía, a filosofía e a educación.Esta impresionante obra do profesor Antón Costa Rico analiza e valora o rico e múltiple pasado educativo e cultural de Galicia desde a súa romanización e cristianización até o presente, á luz e no contexto da historia cultural e educativa europea. Importantes personaxes, institucións educativas e culturais, iniciativas e obras intelectuais e literarias saen á luz nuns casos, ou son examinadas no cadro da sociedade galega e nos contextos hispano e europeo, cando é oportuno. Unha obra que constitúe unha detida análise dos procesos educativos e culturais en Galicia no tempo da historia antiga, durante a alta e baixa Idade Media, no renacemento, ao longo do Antigo Réxime e da Ilustración, así como os dous últimos séculos da historia de Galicia. A materia de estudo, as súas formas, os libros e os textos, as idades escolares, a biblioteca, as institucións, os intercambios dos galegos con Europa e América, o papel da Igrexa Católica entre nós, os conflitos culturais, a incoporación dos avances e das reformas científicas, isto é, unha visión poliédrica do que fomos desde o ángulo educativo e cultural; unha historia social do coñecemento en Galicia, co trasfondo da historia cultural e educativa europea.Prologada por Xosé Ramón Barreiro Fernández e por Agustín Escolano Benito, a obra componse de dez capítulos, cun extraordinario acompañamento de notas críticas e de referencias bibliográficas, unha antoloxía de textos literarios e pedagóxicos acaídos e amplos índices analíticos, onomásticos, toponímicos, de obras e de institucións citadas no texto, máis unha biografía xeral.Unha obra fundamental de estudo, de referencia e de consulta obrigada, sobre a nosa historia cultural e educativa, elaborada con criterio académico e tamén marcadamente didáctico, de interese para profesores de todos os niveis educativos, estudosos, curiosos e lectores no campo da historia, da literatura e a filoloxía, a filosofía e a educación.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497822206

Idioma: Gallego

Número de páginas: 1248
Tiempo de lectura:
30h 2m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/11/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - HISTORIA E XEOGRAFÍA

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 6.5 cm
Peso: 1557.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Antón Costa Rico


Antón Costa Rico (anton.costa@usc.es) é Profesor Catedrático de Historia da Educación na Universidade de Santiago de Compostela (Galicia). Doutor en Ciencias da Educación (Universidad de Salamanca, 1982). Ten unha extensa traxectoria de docencia universitaria nos campos da política educativa e da historia de la educación, ámbitos os estes nos que desenvolve actividades de investigación. É un dos fundadores e promotor do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega (1983) e foi un dos impulsores da difusión da pedagogía Freinet desde 1974. Foi Director do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago e Decano da súa Facultade de Ciencias da Educación. É membro do Consello Escolar de Galicia desde a súa creación. Dirixiu dez teses de doutoramento universitario. Tivo ata o presente diversas presenzas académicas en Suiza, Francia, Inglaterra, Brasil, Arxentina e Portugal. Actualmente é o Presidente da ‘Sociedad Española de Historia de la Educación’ (SEDHE). Como militante da renovación pedagóxica tivo e ten presenza frecuente en diversos foros de reflexión e de exposición pública. Foi correspondente de Cuadernos de Pedagogía en Galicia. Impulsor e membro dos Consellos de redacción das revistas pedagógicas As Roladas-2, Revista Galega de Educación e Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, entre outras. Militante político e cívico no espazo da esquerda e do nacionalismo galego. Diversos aspectos da historia da educación en Galicia e cuestiones da historiografía educativa centran a súa atención investigadora no presente. Entre as súas obras: O ensino en Galicia. Problemática e perspectivas (1980), Escolas e mestres. A educación en Galicia da Restauración á II República (1989), Historia do ensino no Reino de Galiza (anos 413-1483), A reforma da educación (1906-1936) (1996), Informe sobre a situación e estado do sistema educativo en ...
Descubre más sobre Antón Costa Rico
Recibe novedades de Antón Costa Rico directamente en tu email

Opiniones sobre HISTORIA DA EDUCACION E DA CULTURA EN GALICIA (SECULOS IV-XX)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana