Unha visión completa e rigorosa da totalidade da historia do noso país arrequentada polos logros que nos últimos anos acadou a investigación.A Historia é esencial para entender a sociedade actual. Ramón Villares debrúzase sobre o noso pasado para procurar nel as principais claves da Galicia de hoxe. Concibido cunha forma de ollar nova, máis complexa e rica, atenta tamén á historia da cultura e aos coñecementos que a investigación histórica nos achegou nos últimos vinte anos, este libro engade como novidade unha visión das diferentes épocas desde o outeiro das sete grandes cidades galegas: o Lugo romano, a Compostela de Xelmírez, a Pontevedra dos mareantes e mercadores, o Ferrol ilustrado, a Coruña liberal, o Vigo industrial e o Ourense da xeración Nós. Entre os contidos do libro que salientan como novidosos ou especialmente interesantes, cómpre subliñar o alargamento de información sobre épocas coma o Humanismo e a dos Austrias maiores; a reformulación que se fai da Galicia sueva e, sobre todo, do papel de Martiño de Dumio; as incorporacións de contidos relativos á historia da cultura e, naturalmente, a atención a problemas como o caciquismo, agora enxergados cunha ollada nova. Ao que se debe acrecentar a visión do periodo que vai da Guerra Civil á construción do réxime de autonomía, cunha atención especial á evolución do galeguismo no exilio e no interior.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788482886558
Idioma: Gallego
Número de páginas: 476
Tiempo de lectura:
11h 22m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 05/02/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Es
Colección:
Manuais
Manuais
Número: 6
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 410.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Ramón Villares
Ramón Villares es uno de los historiadores e intelectuales gallegos más relevantes de los últimos lustros. Es catedrático de Historia Contemporánea en la Universidad de Santiago de Compostela, donde fue decano de la Facultad de Geografía e Historia, y posteriormente rector. Es miembro de número de la Real Academia Gallega y Correspondiente de la Real Academia de Buenas Letras de Barcelona. Presidente del Consello da Cultura Galega entre 2006 y 2018, es miembro fundador de la Asociación Española de Historia Contemporánea, que presidió entre 1996 y 2002. De entre su amplia obra historiográfica destacan: Identidade e afectos patrios (2017), Historia de Galicia (2016), Fuga e retorno de Adrián Solovio (2018) y Terre de Galice. Histoire d’un finistère européen (2019). Dirigió junto a Josep Fontana los doce volúmenes de la Historia de España de editorial Crítica/Marcial Pons. En 2019 publicó con Pasado & Presente Galicia. Una nación entre dos mundos.