📗 Libro en gallego IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE

LECTURAS DE PINTURA GALEGA

Edicións Laiovento, S.L. - 9788484873860

Historia del arte Historia de la pintura y la escultura

Sinopsis de IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE

Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura galega da primeira metade do século pasado, con especial atención ao papel dos xéneros: retrato, paisaxe ou natureza morta como factores relevantes dentro do proceso evolutivo da nosas artes. A primeira parte do volume insire un estudo sobre a función da retratística na modernización da pintura galega desde fi nais do século XIX até mediados do XX, desde a “Xeración Doente” até Laxeiro, Eugenio Granell, Maruja Mallo ou Seoane. A segunda parte está dedicada a estudos sobre algunhas das figuras centrais do movemento renovador da arte galega, os chamados Os Novos: Maside, Souto e Colmeiro, focalizados en boa medida desde a perspectiva dos xéneros. Alén diso, ao longo de todo o libro quérese salientar que boa parte da pintura galega desta tempo é elaborada desde un proxecto rexenerador na perspectiva nacional e cun forte compromiso social e que este discurso non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa –coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados “realismos de entreguerras”. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade, vía primitivista, é unha das receitas. No caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco a principal fonte de inspiración e un elemento activo na renovación estética.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Laiovento, S.L.

ISBN: 9788484873860

Idioma: Gallego

Número de páginas: 127

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 23/02/2018

Año de edición: 2018


Especificaciones del producto



Escrito por Carlos López Bernárdez


Carlos López Bernárdez
(Vigo, 1958) Profesor de Lengua y Literatura gallegas.Ensayista de temas literarios y artísticos, así cómo comisario de exposiciones, es autor de títulos dedicados a  Lorenzo Varela, Manuel Antonio, Vicente Risco, Manuel Luís Acuña o Ramón Cabanillas. Entre sus libros más recientes destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega (2004) e Breve historia da arte galega (2005).
Descubre más sobre Carlos López Bernárdez
Recibe novedades de Carlos López Bernárdez directamente en tu email

Opiniones sobre IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana