📗 Libro en gallego INSOMNES

Universidade da Coruña- 9788497491068

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de INSOMNES

A tortura maior que pode padecer un humano é, talvez, a de ser consciente todo o tempo, a tortura da vela, da peremne lucidez: non durmir, non Ile dar un descanso á memoria, estar oí, ser a medida do teu -do seu- propio inferno. "L´enfer, c´est nous", poderían dicir os protagonistas das tres pezas do volume Insomnes de Manuel Lourenzo que publica aquí a Biblioteca-Arquivo: os mortos recentes que arras¬tran os seus carriños polo orografía fósil d´ O glaciar, os adolescentes inconclusos de Nosferatu, ou os artistas que deambulan caos súas obras polos baixos d´A conquista da cripta. Todos eles, camiño dun naufraxio inevitábel, mesmo ás veces traxicamente desexado: o silencio, a petrificación definitiva, o nada... E, con todo, a loita instintiva polo sobrevivencia, por manter a cabeza, cando menos, libre para poderen constatar, a través da ironía, do absurdo ou do rito.

Ficha técnica


Editorial: Universidade Da Coruña

ISBN: 9788497491068

Idioma: Gallego

Número de páginas: 180
Tiempo de lectura:
4h 13m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/07/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor
Número: 32
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Lourenzo


Manuel Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943), licenciado polo Institut del Teatre, de Barcelona, alumno de Pepe Estruch, está vinculado desde 1965 ao teatro independente e comprometido na causa da reincorporación do teatro á vida pública galega. Sexa como dramaturgo, director, actor, teórico, divulgador ou grafista, os seus obxectivos foron sempre a creación e implantación dun teatro galego contemporáneo que non ignorase as súas raíces históricas nin estéticas. Nesta dirección, impulsou a creación dos seguintes grupos e compañías teatrais: O Facho (1965), Teatro Circo (1967), Escola Dramática Galega (1978), Compañía Luís Seoane (1980), Clube teatral Elsinor (1990), Casahamlet (1997)... É autor dunha extensa obra dramática iniciada en 1969 con «Romería ás Covas do Demo» e materializada en 2009 como «As dunas», entre a que destacan títulos como «Veladas indecentes» (1996), Premio Nacional de Literatura Dramática; «O circo da medianoite» (1997); «A larva furiosa» (2003); «As horas baixas» (2008), «Flores de Dunsinane» (Xerais, 2010) e «Suite Artabria» (Xerais, 2017), estas dúas últimas galardonadas co Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. Reuniu o seu teatro breve (1973-2015) no libro «Nunca paraíso» (Xerais, 2016). Dirixiu espectáculos como «Electra», «Copenhague», «Fausto», «Magnetismo», «O avión paranoico»... Recibiu numerosos premios: Abrente (1978), Artur Carbonell (1983), Teatro de Cámara Ditea (1985), Rafael Dieste (1996, 1999), Marisa Soto, Maruxa Villanueva, Premio Nacional da Cultura Galega de Artes Escénicas (2008) e Premio Otero Pedrayo (2011).
Descubre más sobre Manuel Lourenzo
Recibe novedades de Manuel Lourenzo directamente en tu email

Opiniones sobre INSOMNES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana