Sinopsis de INVENTARIA (EDICIÓN BILINGÜE GALEGO-CASTELLANO)
O uso dunha ironía claramente mordaz, a creación dunha linguaxe arrequentada e única, así como a innovación lírica son, sen dúbida, os trazos que mellor definen Inventaria. Poesía reunida 1999-2009. Edición bilingüe. Nesta recompilación da obra inicial de Emma Pedreira, a lectora atopará unha das voces máis fortes e feministas da literatura galega do último cuarto de século. A través duns versos agumados, a autora disecciona un mundo en transformación polas ondas feministas, adiantándose, xunto á súa xeración galega, ao panorama estatal. El uso de una ironía claramente mordaz, la creación de un lenguaje enriquecido y único, así como la innovación lírica son, sin duda, los trazos que mejor definen Inventaria. Poesía reunida 1999-2009. Edición bilingüe. En esta recopilación de la obra inicial de Emma Pedreira, la lectora encontrará a una de las voces más fuertes y feministas de la literatura gallega del último cuarto de siglo. A través de unos versos afilados, la autora disecciona un mundo en transformación por las olas feministas, adelantándose, junto a su generación gallega, al panorama estatal.
Ficha técnica
Editorial: Boulevar Libraria Edicions
ISBN: 9791399100907
Idioma: Gallego
Número de páginas: 555
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 24/09/2025
Año de edición: 2025
Plaza de edición: Es
Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 2.7 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Emma Pedreira Lombardía
Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Filóloga, poeta e narradora. Membro da Plataforma de Crítica Feminista A Sega. Forma parte da denominada Xeración Poética dos 90. Como poeta publicou "Diario bautismal dunha anarquista morta" (1999, Premio Johán Carballeira), "Grimorio" (2000, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), "Corpo" (2001, Premio Faustino Rey Romero), "As posturas do día" (2001), "Velenarias" (2001, Premio Johán Carballeira), "Os cadernos d'amor e os velenos" (2002, Premio Johán Carballeira), "Casa de orfas" (2006, Premio Fiz Vergara Vilariño), "Xoguetes póstumos" (2010), "Antítese da ruína" (2011, IX Premio de poesía Novacaixagalicia), "Libro das mentiras" (2012, Certame de poesía Concello de Carral) e "s/t" (Xerais, 2015, Premio Gonzalo López Abente). Como narradora publicou "Bestiario de silencios" (2001), "As cinzas adentras" (2004), "Corazón e demais tripas" (2016, Premio Narrativas Quentes), "Bibliópatas e fobólogos" (2017, Premio da Crítica de narrativa galega 2018), "Besta do seu sangue" (2018, Premio Xerais de Novela) e "As fauces feroces" (2019). "Os corpos invisibles" gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil no ano 2019.