A partir de 1950 percíbese un cambio de estructuras territoriais en Galiza: unha certa agonía do rural e desmesura do crecemento urbano. Este proceso de deteriorización no que atinxe á vivencia do espacio analizámola a partir da teoría dos dous corpos de Mary Douglas:“O corpo social–macrocrosmos–, condiciona o modo en que percibimos o corpo físico: microcosmos”.
O terrirorio actúa como“Tellus mater”ou a Terra nai que se apoia en certos puntos umbilicais dos que o noso territorio está preñe. E a partir destes datos foise humanizando, ao longo da historia, o hábitat galego creando identidade étnica, xunto co idioma, os dous sinais máis senlleiros de identificación por mor de darmos co itinerario da conciencia galega. Analizando historicamente a poboación galega, imos penetrando nas entrañas do noso mapa, ese emblema que nos arroupa