Este libro recolle noventa imaxes, a maior parte delas tarxetas postais, sobre Carolina Otero, a Bela Otero, a galega máis universal do século XX. A neniña que, nacida no seo dunha humildísima familia da Ponte, no concello de Valga, o 4 de novembro de 1868, sería considerada como a máis luminosa das figuras daquel París da Belle Époque; a definida polo pintor Paul Klee como �unha muller da cabeza aos pés�, a artista que seduciu ao crítico Jules Bois por que despregaba �unha gracia fatal, unha calor, unha beleza sensual e magnética, unha violencia, unha insolencia que constitúen os dons formidables que Mérimée e Bizet esixen da súa célebre heroína�.
A Bela Otero, a �serea dos suicidas�, como era chamada pola prensa norteamericana, pola que tolearon banqueiros e nobres que se bateron e arruinaron por ela. A Lina, que describiu a súa amiga a escritora francesa Colette, chea de alegría e pracer de vivir. A actriz de notable talento solicitada para a Ópera-Cómica de París, que estudiou o mesmo Marcel Proust para incluír como personaxe dalgunha das súas obras. A xogadora que aos catorce anos fixo saltar vinteunha veces consecutivas a ruleta xogando ao vermello no Casino de Montecarlo. A artista que con corenta e cinco anos decidiu retirarse da escena e trocar de xeito de vida e foi considerada como un símbolo dunha �época superficial, lixeira, á vez virtuosa e cínica�.A Carolina Otero, esa beleza galega que fixo languidecer a vellos e mozos e os fotógrafos parisinos que colorean os seus retratos en tarxetas postais; a muller que posuíu unha enorme riqueza en xoias: diademas, pulseiras e arrecadas de perlas, esmeraldas, rubís e zafiros, que adornaron o seu corpo inmortalizado por grandes debuxantes da súa época.
A Bela Otero, a que ocultou Galicia no seu corazón como tantos emigrantes, pero que levou sempre consigo a lingua propia ata o seu pasamento en Niza, o 12 de abril de 1965, testando a prol dos pobres de Valga.A edición deste álbum de postais da Bela Otero, prologado por un fermoso texto de Luís Seoane, recollido dunha audición radial do programa �Galicia Emigrante� de 1959 e editado en galego, castelán, francés e inglés, constitúe unha auténtica alfaia bibliográfica para a recuperación rigorosa da imaxe verdadeira dun dos símbolos da gracia e da beleza