Dar a coñecer a historia social da nosa lingua e as claves que explican a súa situación actual, e facilitar a comprensión do papel que nos corresponde a todos e cada un de nós no proceso de normalización son os obxectivos perseguidos. O resto pertence ás entrañas. Coñecemento e sentimento: eis a combinación necesaria para a galeguización.
Ficha técnica
Editorial: Baia Edicions
ISBN: 9788489803022
Número de páginas: 276
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 07/06/2001
Año de edición: 1997
Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Manuais de galego e dicionarios
Manuais de galego e dicionarios
Serie/Saga: Manuais
Especificaciones del producto
Escrito por Manuel Portas
Manuel Portas (Barcelona, 1960) estreouse como narrador con Denso recendo a salgado (2010). Seguírona Un dedo manchado de tinta (2011), traducida para o italiano como Un dito macchiato d’inchiostro (2020), Faneca Brava (2013), Amor en alpargatas (2015), Lourenço, xograr (Premio García Barros, 2015), Por puntos (Premio Blanco Amor, 2019), Cadencias (2020) e Unha cervexa Chang (2022). Foi profesor de lingua e literatura no instituto Xelmírez I de Santiago, e colaborou en obras de carácter didáctico e publicacións pedagóxicas. Tamén se coñece polo seu labor no campo da análise sociolingüística, onde salienta o seu traballo Língua e sociedade na Galiza (1990), obra de referencia da sociolingüística galega. Colaborador de prensa e radio, a súa dedicación á res pública levouno a participar na vida política e a formar parte do goberno municipal de Compostela durante dous mandatos.