Sinopsis de LINGUA GALEGA E LITERATURA 2º BACHILLERATO
Presentamos o novo libro de Lingua e Literatura Galega 2.º Bacharelato, adaptado ao Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Hai no presente manual un esforzo por manter actualizados uns materiais que están avalados por unha longa traxectoria de traballo co alumnado. A constante renovación de propostas de traballo, da metodoloxía para afrontar a materia, dos proxectos para desenvolver nas aulas vai da man da importancia que concedemos aos contidos, que son os fundamentos para construír as aprendizaxes.
Este libro conta con propostas que atenden os novos retos pedagóxicos, o marco legal da LOMLOE e as normas específicas da Consellería de Educación, que motivaron a distribución dos contidos en 10 temas, para faciltar a adaptación á programación PROENS. Así:
- Reorganizamos os contidos e simplificamos as explicacións teóricas.
- No apartado Melloramos a lingua concédeselle máis importancia aos exercicios prácticos e engádense algúns aspectos aos que xa se recollían nas edicións anteriores.
- Finalizamos cada tema propoñendo dous Proxectos que permitirán desenvolver un traballo interdisciplinar (música, historia, xeografía, TIC...), a abordaxe de aspectos como a igualdade de xénero, a diversidade sexual, a natureza, a lusofonía, a multiculturalidade, o coñecemento do medio xeográfico e social, a interacción interxeracional... Así mesmo permitirán desenvolver o traballo en equipo, as competencias dixitais, as competencias orais, o sentido crítico para a procura e selección de información pertinente. Tamén teñen como obxectivos fundamentais o desenvolvemento da autoestima e da creatividade convertendo o alumnado no protagonista do proceso de aprendizaxe.
- Na Aula Virtual incluiranse algunhas propostas a maiores para poder escoller segundo intereses e características de cada grupo clase.
Ficha técnica
Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.
ISBN: 9788499954318
Idioma: Gallego
Número de páginas: 376
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 25/05/2023
Año de edición: 2023
Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Libro de texto
Libro de texto
Alto: 27.0 cm
Ancho: 20.0 cm
Especificaciones del producto
Opiniones sobre LINGUA GALEGA E LITERATURA 2º BACHILLERATO
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!