📗 Libro en gallego MANS SALGADAS-SALTY HANDS-MANOS DESAL (ED. TRILINGÜE GALLEGO, ING LES, CASTELLANO)

XERAIS - 9788483029268

Fotografía Fotógrafos

Sinopsis de MANS SALGADAS-SALTY HANDS-MANOS DESAL (ED. TRILINGÜE GALLEGO, ING LES, CASTELLANO)

Mans salgadas é un libro excepcional, un libro de fotografías sobre o mar e sobre a pesca realizadas polo fotógrafo Javier Teniente, un libro que supón unha auténtica radiografía creativa da identidade mariñeira de Galicia. De babor a estribor, de barlovento a sotavento, de popa a proa, o país está cruzado polo mar. Este monumental documento, esta vivísima obra de arte que é o libro de Javier Teniente penetra ese corazón mariño de Galicia e das súas xentes do mar. As de Javier Teniente son fotos cargadas de humanidade, de vida, de intensidade. O seu mar é un mar profundamente humano, doloroso e dolorido. Dos estaleiros á ardora da sardiña, do Gran Sol á costeira do bonito, dos estibadores aos percebeiros, do marisqueo á lonxa, Mans salgadas percorre todo o ciclo do mar, arrastrándonos ás súas entrañas cun certeiro golpe de vista, cun oportuno golpe de mar. Mans salgadas leva un prólogo do escritor Fran Alonso, en versión trilingüe (galego-inglés-castelán) onde fai un percorrido literario polo mar a través da súa memoria persoal e familiar, o mar «desa Galicia que cheira a sal, ten ollos de mascato e mans de peixeira», ese mar que é «o mellor contador de contos que ninguén teña oído nunca», un mar que hoxe está a estragar esta desgraciada e salvaxe marea negra que deterioria gravemente as costas galegas e o seu sector pesqueiro.

Ficha técnica


Traductor: Minia Bongiorno Garcia
Prologuista: Fran Alonso

Editorial: Xerais

ISBN: 9788483029268

Idioma: Gallego

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/01/2003

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Opiniones sobre MANS SALGADAS-SALTY HANDS-MANOS DESAL (ED. TRILINGÜE GALLEGO, ING LES, CASTELLANO)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana