Partindo do tanxíbel, o poema esculca a zona iluminada polo foco da luz,ao tempo que estende a circunferencia do misterio que o arrodea. Poemas que se nutre da súa propia incerteza, mais entende que a beleza pode devir unha forma de opresión, que o equilibro é sempre pasaxeiro, e a perfección, frío plastificado. Sabe das teorías científicas que fican en estado de poesía até que se demostran (e mesmo despois de seren veriticadas, poden seguir oerando como materia poética). Poesía que non procura describir, senón nomear con precisión; para o que desenvolve as súas propias ferramentas. A palabra que tampouco dubida en denunciar, ao tomar conciencia do momento e do lugar que lle corresponde vivir.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491513490
Idioma: Gallego
Número de páginas: 92
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 02/07/2019
Año de edición: 2019
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Dombate (Poesía)
Dombate (Poesía)
Número: 85
Alto: 22.0 cm
Ancho: 12.2 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier Queipo
Xavier Queipo (Compostela, 1957). Dende 1990 escribe e publica regularmente en galego. É autor, entre outros libros, de «Ártico e outros mares» (narrativa breve, 1990), «Ringside» (contos, 1993), «O Paso do Noroeste» (novela, 1996), «Malaria sentimental» (novela, 1999), «Papaventos» (novela, 2001), «O ladrón de esperma» (contos, 2001), «Os ciclos do bambú» (contos, 2003), «Glosarios» (poesía, 2004), «O espello e o dragón» (literatura infantil, 2005), «Dragona» (novela, 2007), «Caderno da Revolución Cultural» (crónicas radiofónicas, 2007), «Saladina» (novela, 2007), «Felices e diferentes» (crónicas radiofónicas, 2009), «A illa dos cangrexos violinistas» (literatura infantil, 2009), «Cartas marcadas» (ensaio, 2010), «Ártico 2.0» (narrativa breve, 2011), «Extramunde» (novela, 2011, Premio Xerais de Novela, Premio Arcebispo San Clemente); «55» (relatos, 2014), «Os Kowa» (novela, 2016, Premio Eduardo Blanco Amor 2015), «Home invisíbel (poesía, Premio Illas Sisargas de poesía erótica, 2018), «Minutos para medianoite» (poesía, escrito a catro mans con Ramón Neto), «Corazón de Manteiga» (novela, 2020), «Final feliz» (relatos, 2022) e 66 (Xerais, 2025). Membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Recibiu varios premios en Galicia, entre eles o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor escritor galego en 2011, o Premio da Crítica española en 1991 e o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura (en colaboración), pola tradución do «Ulysses» de Joyce ao galego (2014). Participou en numerosos libros colectivos e antoloxías. Traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert, e do inglés a Conrad e Joyce. Obras súas están traducidas ao castelán, portugués, francés e italiano. Fotografía do autor: Cé Tomé.