📗 Libro en gallego MOTIN NA BOUNTY

Faktoría K de Libros- 9788496957879

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de MOTIN NA BOUNTY

O capitán William Bligh era un experto en navegar polo Pacífico. En 1787, o Almirantado británico encoméndalle partir cara a Tahití ao mando da Bounty. Entre os pasaxeiros está o mozo John Jacob Turnstile, que embarca como servinte seu para evitar ir ao cárcere. O destino converterao en testemuña privilexiada dun episodio que marcou o devir da Armada inglesa.

Ilustración de cuberta de MARC TAEGER

En 1787, ao mando do capitán William Bligh, a fragata Bounty parte cara a Tahití. O Almirantado británico encargáralle recoller árbores do pan para transplantalas nas colonias do Caribe. Tratábase de conseguir un produto económico para alimentar os escravos das illas que recollían cana de azucre. Bligh era un experto en navegar polo Pacífico; xa o fixera ás ordes do lendario capitán Cook. Como en todas as penosas travesías daquela época, a tripulación tiña por diante unha dura e longa viaxe. John Jacob Turnstile, un adolescente de Portsmouth, está a piques de ser encarcerado cando lle ofrecen unha última oportunidade para evitar a cadea: embarcar na Bounty como paxe do capitán Bligh. John acepta a proposta sen dubidar e así sería como chega a converterse en testemuña privilexiada dun episodio que marcou o devir da Armada inglesa.

En “Motín na Bounty” (2008), John Boyne achégase a un feito histórico xa narrado anteriormente e levado ao cine en tres ocasións, con actores de tanta sona como Clark Gable (1935), Marlon Brando (1962) e Mel Gibson (1987). Pero Boyne narra a viaxe da Bounty cunha ollada orixinal que invita á reflexión e nos presenta un complexo mundo dominado polo poder e pola ambición.

Nesta novela de aventuras, retrátase a disciplinada vida do mar e tamén se reflicte o caracter dos personaxes, dende o capitán ata os oficiais e os mariñeiros. O dilema entre o ben e o mal, os arquetipos de heroe e vilán, a lealtade e a traizón, son algúns binomios que xorden neste libro. Situacións límite, valentía e actos de solidariedade son outros ingredientes desta historia tan emocionante.

Ficha técnica


Traductor: 0

Editorial: Faktoría K de Libros

ISBN: 9788496957879

Idioma: Gallego

Número de páginas: 480
Tiempo de lectura:
11h 28m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 25/06/2010

Año de edición: 2010

Plaza de edición: Es
Colección:
Narrativa K
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Peso: 722.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por John Boyne


John Boyne
John Boyne va néixer l’any 1971 a Dublín, Irlanda, on va estudiar Literatura Anglesa al Trinity College. La seva novel·la El noi del pijama de ratlles es va convertir ràpidament en un best-seller mundial: es va traduir a més de quaranta-cinc llengües, va vendre més de sis milions d’exemplars i va rebre multitud de premis, entre els quals, dues vegades, l’Irish Book Award. També va quedar finalista del prestigiós British Book Award i Miramax en va fer una pel·lícula. L’any 2007, la revista Qué Leer li va concedir el Premi dels Lectors i durant més d’un any va estar a totes les llistes de més venuts. A Empúries ha publicat també: Motí al Bounty (2008), La casa del propòsit especial (2009), L’aposta (2010), En Noah Barleywater fuig de casa (2011), El pacifista (2013), Aquesta casa està embruixada (2014), El noi de la casa de la muntanya (2016) i Les fúries invisibles del cor (2019).
Descubre más sobre John Boyne
Recibe novedades de John Boyne directamente en tu email

Opiniones sobre MOTIN NA BOUNTY


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana