Non sei cando nos veremos é a novela coa que Anxo Rei Ballesteros, autor de Dos anxos e dos mortos (1977) e Loaira (1992), celebra a primavera deste ano 2005. Un relato novelesco no que a lingua oral e a narración directa, precisa e de trazado firme, se combinan coa crítica contundente da moral e as formas de vida da sociedade de hoxe.