A libreira recomenda Non son de aquí.
A poesía de María do Cebreiro é sutil como contemporánea. O amor, a perda, as ilusións, o desexo e o desapego son temas condicionantes duns poemas que se imaxinan sós e semellan escritos dende unha suposta facilidade.
(Anabel Bugarín, Libraría de A Coruña)
Escribir poesía como se non houbese poesía. Falar como se todo o mundo tivese ese dereito. Un libro este de María do Cebreiro que non quere fundar nada. Un movemento que nega o movemento. A distancia pode ser anterior ao sentido de pertenza. O desapego pode ser a condición do amor.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497829342
Idioma: Gallego
Número de páginas: 80
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 21/11/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 133.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por MARIA DO CEBREIRO
María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) publicou os libros de poemas "O estadio do espello" (Xerais 1999); "(nós, as inadaptadas)" (2001); "Non queres que o poema te coñeza" (2004); "Os hemisferios" (2006); a escolma "Objetos perdidos" (2007), en versión galego-castelá; "Cuarto de outono" (2008); "Non son de aquí" (Xerais 2009); "A guerra", con Daniel Salgado (2012); "Os inocentes" (2014); "O deserto" (2015), Premio da Crítica Española ao mellor poemario en lingua galega; "A lentitude" (2017) e "Soños. Arquivos. Cartas" (Xerais 2018). "Non son de aquí" foi traducido ao inglés por Helena Miguélez-Carballeira en Shearsman Books (2011). En colaboración con Xosé Carlos Hidalgo Lomba, deseñador gráfico d' "O deserto", editou os libros de artista "Poemas históricos" (2010) e "O grupo" (2012). Con Ismael Ramos deu ao prelo o diálogo poético "A ferida" (2013).