📗 Libro en gallego O DON HAMLET DE CUNQUEIRO:UNHA ECUACIÓN TEATRAL

Unha ecuación teatral

Edicións Laiovento, S.L. - 9788484876670

Estudios literarios Teatro

Sinopsis de O DON HAMLET DE CUNQUEIRO:UNHA ECUACIÓN TEATRAL

Este libro foi publicado por Luísa Villata en 1992 en Edicións Laiovento, unha editora que daquela tiña pouco mais dun ano de existencia. De feito, o volume que agora reeditamos foi o número 9 da súa colección xeral. A peza O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, a pesar da sua transcendencia tanto social como literaria, foi pouco ou case nada estudada até o momento en que Luísa Villalta abordou a sua análise, unha peza esquecida nos sotos do inmenso edificio que é a obra de Álvaro Cunqueiro. Nacida baixo o signo da polémica, o autor confesa-nos en diversos lugares que esta obra é produto dos moitos anos que pasou a matinar na traxedia de Shakespeare intentando explicar-se a si mesmo a cuestión: quen é Hamlet? Eis a incógnita dunha ecuación que se formula única e exclusivamente en termos teatrais e cuxas raíces se perden nas mais remotas tradicións nórdicas. Con este estudo, Luísa Villata procedeu a despexar brillantemente esa incógnita e moitas outras que envolven tan suxestivo tema co único propósito de explicar a xénese e elaboración da marabillosa solución que Cunqueiro soubo dar a esa pregunta.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Laiovento, S.L.

ISBN: 9788484876670

Idioma: Gallego

Número de páginas: 112
Tiempo de lectura:
2h 35m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 26/07/1990

Año de edición: 1990

Plaza de edición: Santiago de Compostela

Colección:
Ensaio

Número: 9
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 198.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Luísa Villalta


Luísa Villalta
Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), alén de extraordinaria poeta, foi tamén unha destacada narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga e violinista. A súa obra dramática reúnese en Teatro completo (Galaxia, 2024), e as narracións, Siléncio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001), en Narrativa reunida (Galaxia, 2024). Como ensaísta publicou O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992), O outro lado da música, a poesía (1999; Galaxia, 2021) e Libro das colunas (2005; Galaxia, 2024), ademais de Narrativa inédita e dispersa (Galaxia, 2024).
Descubre más sobre Luísa Villalta
Recibe novedades de Luísa Villalta directamente en tu email

Opiniones sobre O DON HAMLET DE CUNQUEIRO:UNHA ECUACIÓN TEATRAL


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana