"O moucho voa" é un libro pensado para introducir a mocidade na filosofía. Está constituído por 25 conversas, amenas e desenfadadas, organizadas nos catro temas principais dos que se ocupa a filosofía tradicionalmente: o Ser, obxecto da ontoloxía; a Verdade, obxecto da teoría do coñecemento ou pistemoloxía; o Ben, obxecto da filosofía moral ou ética; e a Xustiza, obxecto da filosofía política. A filosofía ocúpase dos asuntos que nos preocupan a todas as persoas e proporciónanos instrumentos para pensar con maior rigor, para facer das nosas vidas unhas vidas plenas. Porque as grandes ideas filosóficas tamén interesan ao común da xente. Porque calquera persoa, espontaneamente, ten preocupacións relacionadas coa filosofía.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411101431
Idioma: Gallego
Número de páginas: 200
Encuadernación: Tapa blanda
Año de edición: 2022
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - COÑECEMENTO - Seica
INFANTIL E XUVENIL - COÑECEMENTO - Seica
Alto: 21.5 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 1.3 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Miguel Vázquez Freire
Miguel Vázquez Freire naceu en 1951, en Corcubión. Catedrático de Filosofía de ensino secundario, publicou numerosas obras no campo da literatura infantil e xuvenil, varias en colaboración con Xosé Tomás como ilustrador: O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos (2007); María é maior (2007), Contos de Reis e de Nadal (2007), Xurxiño quere ser... (2010), O souto escuro e perigoso (2011) e Fadita fosca (2013). Pola obra de teatro A princesa Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos, escrita en colaboración con Gloria Sánchez, recibiu o Premio Xacobeo de Teatro de Monicreques 1994. A novela xuvenil Anxos en tempos de chuvia (1997) mereceu formar parte da Lista de Honra do IBBY. En Galaxia publicou o ensaio sobre filosofía e teatro Estética e teatro (2006). As súas obras máis recentes son: Da Carapuchiña ao señor Lamote (2019), De Compostela a Braga e de Braga a Compostela. O Pío Latrocinio e outras vellas inimizades (2022) e O moucho voa. Filosofía en 28 conversas (2022).