Recóllense neste volume catro ensaios dedicados a distintos aspectos da obra plástica de Luís Seoane (Bos Aires, 1910 - A Coruña, 1979). Ao longo dos diferentes estudos saliéntase como o estilo creado e desenvolvido por Seoane durante máis de catro décadas é froito dun traballo intenso e rigoroso, que parte da tradición da modernidade internacional para a partir desta construír os alicerces dunha pintura profundamente galega, e que se sitúa fortemente inserida nos valores da tradición occidental, á que se achega con intenso rigor. En contraposición co costumismo dominante en moitos pintores galegos, Seoane, partindo de temas semellantes, depura a linguaxe até converter os mesmos temas nun universo propio, que, sendo intensamente persoal, consegue que nos impliquemos neles, que os sintamos como algo que nos singulariza de xeito intenso, ao tempo intelectual e afectivo. Faise fincapé en que estamos perante unha obra que é froito dunha elaborada reflexión e que tende a unha progresiva esquematización das figuras, favorecida polo uso dunha pintura plana e o contraste de cores e liñas interdependentes en equilibrio coa realidade. Os logros deste labor, ben evidentes para quen se achegue á pintura, o gravado e o deseño de Luís Seoane, supoñen un dos capítulos máis importantes na construción dunha arte galega aberta e firmemente ancorada no mellor da correntes internacionais. A súa maneira de concibir a arte nace, xa que logo, de frutíferas estratexias de representación das que vai agromar parte do máis valioso da pintura galega do século XX.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Laiovento, S.L.
ISBN: 9788484873051
Idioma: Gallego
Número de páginas: 100
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/02/2016
Año de edición: 2016
Plaza de edición: Es
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Carlos López Bernárdez
(Vigo, 1958) Profesor de Lengua y Literatura gallegas.Ensayista de temas literarios y artísticos, así cómo comisario de exposiciones, es autor de títulos dedicados a Lorenzo Varela, Manuel Antonio, Vicente Risco, Manuel Luís Acuña o Ramón Cabanillas. Entre sus libros más recientes destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega (2004) e Breve historia da arte galega (2005).