David acaba de facer dezaoito anos e e o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns. A súa intención inicial e regresar de inmediato, pero axiña van aparecendo razóns que o levan a prolongar a visita: unha Galicia que pouco ten que ver coa idea que el traía na cabeza, unha familia coa que nunca ata daquela tivera contacto, un misterio arredor da "casa de Formoso" que enterra as súas raíces na guerra civil... E o amor, que aflora de súpeto do xeito máis imprevisible.
Ficha técnica
Editorial: Ediciones Obradoiro, S.A.
ISBN: 9788416834433
Idioma: Gallego
Número de páginas: 224
Tiempo de lectura:
5h 17m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 29/03/2017
Año de edición: 2017
Plaza de edición: Es
Alto: 21.5 cm
Ancho: 14.0 cm
Peso: 326.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Héctor Cajaraville
Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e actualmente é profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario. En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, «De remate», e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con «Quen dá a quenda?» (Xerais 2016). Nese mesmo ano, a súa obra «A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas)» (Xerais 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña; en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con «Once portas» (Xerais 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con «Denébola a Roxa». Coa súa novela «Kusuma» (Xerais 2018) obtén o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018. É autor, ademais, das novelas «O segredo da casa de Formoso» (2017) e «Nova Nursia» (Xerais 2018), así como das biografías «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo», «Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso» e «Florencio Delgado Gurriarán. Polas vieiros da saudade», publicadas na colección Merlín en 2019, 2020 e 2022 respectivamente. En 2023 publica o álbum de aprendizaxe temperá «Moita froita!». Noutras facetas, traduciu ao galego a novela «O gardián invisible» (Xerais 2013) de Dolores Redondo, participou na redacción do «Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato» (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía e linguaxe xornalística.