O silencio constrúese sobre a pausa que se crea entre dous bombardeos, no lugar no que a realidade se converte en distorsión e se borran os límites entre as palabras e o que designan realmente. É ademais unha xeografía tridimensional das guerras, cartografa a planicie na que se enfrontan os estados cos seus exércitos e descende aos abismos nos que os pobos, as minorías e as clases populares libran a súa particular batalla contra estes, espazos onde as fronteiras non existen ou se configuran dun xeito completamente diferente. O autor concibe este libro como unha estrema da súa propia produción poética, un punto de inflexión que deixa o camiño da súa escrita tocado e todas as posibilidades abertas.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499143613
Idioma: Gallego
Número de páginas: 64
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 17/04/2012
Año de edición: 2012
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 0.5 cm
Peso: 97.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Mario Regueira
Mario Regueira (Ferrol, 1979) é doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, tras cursar estudos de Filoloxía Galega e Dereito. No campo dos estudos literarios ten publicado o ensaio heterodoxo Lois Pereiro, unha persecución (2011). Colabora como crítico literario en distintos medios, sinaladamente en Sermos Galiza, e preside, desde 2016, a Asociación Galega da Crítica. Ademais, participa do podcast Burán, que se emite en Radio campUSCulturae e Cuac FM. Como narrador, comezou a súa carreira co libro de relatos Rebelión no inverno (Xerais, 2004) ao que seguen as novelas L'affiche rouge (Xerais, 2007) e Outono aquí (2012), esta última premio Lueiro Rey de novela curta e traducida ao castelán como Las hojas muertas (2013). Como poeta ten publicado Tanxerina (2006, Premio Xosemaría Pérez Parallé), Blues da Crecente (2009, Premio Xohán Carballeira), O silencio (Xerais, 2012) e Marco Livorno (2019, Premio Illas Sisargas).