📗 Libro en gallego ORTOGRAFIA PRACTICA

MARIA DO CARME HERMIDA

SOTELO BLANCO EDICIONS- 9788478243860

Estudios filológicos Ortografía

Sinopsis de ORTOGRAFIA PRACTICA

Carme Hermida Gulías

Cando nos enfrontamos a un texto é moi común que, en determinados momentos, non asalte algunha dúbida: ¿como se escribe polbo, xiba, alar ou polvo, xiva, halar?, ¿por que?, ¿presidente leva ou non maiúscula inicial?, ¿colócase por fin entre comas?, ¿que abreviatura se debe empregar para Colectivo de Estudiantes Humanitarios Estradenses?
Algunhas das dúbidas anteriores, en concreto as que fan referencia ó uso de distintos grafemas, podemos solucionalas recorrendo a un diccionario da lingua. Para resolver outras teremos que acudir a varios estudios distintos, moitos deles en publicacións de acceso difícil. Para as restantes non atopamos resposta en ningún lugar. Nos libros de texto dos distintos cursos e niveis aparecen recursos para traballa?la escrita correcta, obxectivo ó que no período de escolarización se lle dedican moitas horas e moitos esforzos. Así e todo, o alumnado universitario segue a cometer numerosas faltas. Se isto é así, ¿que non será cando se abandonan antes os estudios ou cando estes se rematan e xa non hai unha referencia correctora?
Velaí as razóns que xustifican a publicación deste traballo: presentar agrupadas, sistematizadas e razoadas as regras nas que se fundamenta a escrita correcta do galego.
Ortografía é unha palabra latina de orixe grega que posúe dous significados: escrita normal e correcta, e maneira de escribir. Este traballo trata a ortografía neses dous aspectos. Na primeira parte, baseándose na normativa, trata as razóns que xustifican o uso normal e correcto dos diferentes grafemas e agrupamentos de consoantes, explica os casos para os que non rexe a máxima que obriga a escribir cada palabra separada das outras e presenta razoadamente a regulamentación existente sobre a presencia do til (ou acento). Elabóranse, tamén, unhas regras de uso das letras maiúsculas e dos signos de puntuación e unhas normas para a abreviación de palabras e sintagmas. E, finalmente como apoio da

Ficha técnica


Editorial: Sotelo Blanco Edicions

ISBN: 9788478243860

Idioma: Gallego

Número de páginas: 192
Tiempo de lectura:
4h 31m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 27/11/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Santiago de Compostela
Alto: 18.0 cm
Ancho: 12.0 cm

Especificaciones del producto



Opiniones sobre ORTOGRAFIA PRACTICA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana