📗 Libro en gallego OS CELTAS

(2)

Unha (re)visión dende Galicia

Edicións Xerais - 9788499140964

(2)
Historia local de España Galicia

Sinopsis de OS CELTAS

Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigación arqueolóxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Península Ibérica, como tema de investigación e, sobre todo, de polémica, na década dos oitenta. A comunidade científica, sensu lato, sufriu, en Galicia, unha división negativa entre celtófilos e celtófobos, como se de equipos de fútbol se tratase. Proliferaron, aquí, publicacións sobre o celtismo, nas que todo era, e aínda é, celta, ou nas que a verba celta pouco máis ocupaba que unha parte do título. Neste libro, o autor fixo un achegamento á cuestión, fuxindo dos tópicos e das repeticións miméticas do que se escribiu sobre o celtismo europeo. Galicia ten unha personalidade propia e diferenciada desde a Prehistoria, polo que o estudo do seu devir histórico precisa dun tratamento específico. Partindo da premisa de que o celta é, primo et per se, unha cuestión de lingua, faise un percorrido polo campo do indoeuropeo, polo Hallstatt e La Tène, tratados como culturas arqueolóxicas, así como polas actuais teorías científicas peninsulares, para rematar entrando en Galicia. Repásase, aquí, a historiografía de precursores e románticos sobre celtas e analízanse as fontes clásicas que fan referencia á Terra. Dedícase un denso capítulo á fulcral cuestión lingüística e outro á sociedade e a relixión no resto de España e en Galicia, sempre procurando as posibles semellanzas e diferenzas. Faise tamén unha incursión na materia de Bretaña, polo achegamento céltico (continúa...) medieval que puido significar e compárase a arte peninsular dos pobos ibéricos, da Meseta e galaicos, para rematar cun achegamento aos aspectos etnográficos que, de xeito superficial e mistificador, figuran nas publicacións sobre celtas. Ilustra o libro un completo aparato gráfico, elaborado ad hoc polo autor, así como unha bibliografía ampla, actualizada e en versión orixinal dos diferentes países europeos nos que se investiga a presenza ou ausencia de celtas.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499140964

Idioma: Gallego

Número de páginas: 400
Tiempo de lectura:
9h 32m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 09/03/2010

Año de edición: 2010

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - HISTORIA E XEOGRAFÍA

Alto: 24.5 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 2.4 cm
Peso: 686.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Francisco Calo Lourido


Francisco Calo Lourido (Porto do Son, 1948) é doutor e catedrático de Xeografía e Historia, patrón do Museo do Pobo Galego, correspondente da Real Academia Galega e membro, entre outras institucións, da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia. Profesor invitado na Universidade do Porto e conferenciante na de Cambridge. Participante en múltiples escavacións arqueolóxicas, dirixiu as do castro de Baroña. Desenvolve a súa actividade investigadora sobre todo nos eidos da arqueoloxía e da antropoloxía con máis de dúascentas publi- cacións, como "A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa" (2 tomos), Premio Losada Diéguez 1995; "A cultura castrexa"; "Castro de Baroña"; "La cultura de un pueblo marinero: Porto do Son"; "Xentes do mar. Traballos, tradicións e costumes"; "Fainas do mar. Vida e trabalho no litoral norte"; "As artes de pesca"; "Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia" (Xerais, 2011), Premio Losada Diéguez 2010; "Vida e traballo no mar dos galegos" ou "A historia de España baseouse en falacias. Nin Reconquista, nin Imperio nin Estado ata o XVIII, nin Nación ata o XIX". No eido da narrativa destaca a súa obra "Salseiros".
Descubre más sobre Francisco Calo Lourido
Recibe novedades de Francisco Calo Lourido directamente en tu email

Opiniones sobre OS CELTAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

(2) comentarios

5/5

(2)

(0)

(0)

(0)

(0)


Ordenar por:

2 opiniones de usuarios


Xose Manuel

12/05/2018

Tapa blanda

Todo perfecto.


Albeitar c. v

13/03/2013

Tapa blanda

Deberíase ter en conta a este autor á hora de redactar libros de texto de historia.


Ver todas las opiniones (2)

Los libros más vendidos esta semana