Pepe Carballude naceu na aldea de Rubín (A Estrada) en 1956. Desde pequeno medrou escoitando contos populares e oíndo falar de lobos, pantasmas, mouros ou tesouros agochados. E, por suposto, de gazafellos, na procura dos cales se cadra andou cando tiña a túa idade. Desa vixencia da literatura que se contaba e que se transmitiu de xeración en xeración en Galicia, naceu o seu desexo de escribir. Con varios títulos da súa autoría que o sitúan entre os máis destacados escritores para nenos e mozos da lingua galega, Pepe Carballude conseguiu importantes premios, como O Barco de Vapor, que gañou en dúas ocasións.
Pepe Carballude (Rubín, A Estrada, 1956) é licenciado en Filoloxía Clásica. A súa ampla traxectoria na literatura galega deixou títulos como O xílgaro pintor, Os gazafellos (Premio Barco de Vapor 1986), Mimos e máis mimos, Investigación 091, Andainas de Pedro Chosco, SOS, Maldito DNI, Talismán dos druídas, Andrea quere ser maior, Paisaxe con fondo gris, De como o Santo dos Croques se fai peregrino (Premio Barco de Vapor 2002) e Marxinados, entre outros.