📗 Libro en gallego OUTRO IDEA DE ESPAÑA: MAR DE FONDO

Mar de fondo

Edicións Xerais - 9788497823081

Historia local de España Galicia

Sinopsis de OUTRO IDEA DE ESPAÑA: MAR DE FONDO

Este libro nace dun acto cívico, dun sentido do deber e da civilidade que ten ver coa ética e só dun xeito oculto e subterráneo coa estética. Forma parte, con Nunca máis Galiza á intemperie e Españois todos, dunha triloxía inesperada na que Suso de Toro narra e interpreta dende a súa subxectividade un ciclo histórico extraordinario, un tempo agónico que aínda vivimos. Tres libros nacidos da conmoción que supuxo a actuación do goberno de José María Aznar no asunto do Prestige e escritos dende a historia persoal, a memoria do país de noso, a memoria española compartida e as profundas conviccións democráticas e federalistas do autor. Un libro que propón, a través do diálogo, outra idea política de España e de Galicia. Unha ferramenta para abrir un tempo novo para unha sociedade que quere ser aberta e plural, decididamente libre.Este libro nace dun acto cívico, dun sentido do deber e da civilidade que ten ver coa ética e só dun xeito oculto e subterráneo coa estética. Forma parte, con Nunca máis Galiza á intemperie e Españois todos, dunha triloxía inesperada na que Suso de Toro narra e interpreta dende a súa subxectividade un ciclo histórico extraordinario, un tempo agónico que aínda vivimos. Tres libros nacidos da conmoción que supuxo a actuación do goberno de José María Aznar no asunto do Prestige e escritos dende a historia persoal, a memoria do país de noso, a memoria española compartida e as profundas conviccións democráticas e federalistas do autor. Un libro que propón, a través do diálogo, outra idea política de España e de Galicia. Unha ferramenta para abrir un tempo novo para unha sociedade que quere ser aberta e plural, decididamente libre.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497823081

Idioma: Gallego

Número de páginas: 224
Tiempo de lectura:
5h 17m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/04/2005

Año de edición: 2005

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Xornalismo

Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 1.8 cm
Peso: 340.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Suso de Toro


Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.
Descubre más sobre Suso de Toro
Recibe novedades de Suso de Toro directamente en tu email

Opiniones sobre OUTRO IDEA DE ESPAÑA: MAR DE FONDO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana