📗 Libro en gallego PAXINAS SOBRE ROSALIA DE CASTRO

XERAIS - 9788497821926

Estudios literarios Biografías y estudios de escritores

Sinopsis de PAXINAS SOBRE ROSALIA DE CASTRO

A vida e a obra de Rosalía de Castro están presentes, desde hai case medio século, nos traballos e nos días de Xesús Alonso Montero: no profesor, no conferenciante, no investigador, no comentarista, no divulgador, no editor de textos, no antólogo… Na presente colectánea hai páxinas que ilustran moi ben este compromiso intelectual, compromiso que, ás veces, ten un certo matiz de militancia.

“Páxinas sobre Rosalía de Castro (1957-2004)” é un corpus de traballos que se centran na recepción do nome e da obra de Rosalía desde 1875 (Lamas Carvajal) a hoxe mesmo. Protagonizan os catorce capitulos do volume, editores, apoloxistas, tradutores… pero tamén os silencios e as reticencias que tales ou cales textos de Rosalía teñen suscitado, especialmente nun ano bélico, o 1937, centenario da escritora. É un longo e variado corpus de xuízos, enfoques e actitudes: Emilia Pardo Bazán, Valle-Inclán, Valera, Curros, José Martí, Azorín, Juan Ramón, Luis Cernuda, Griswold Morley, A.M. Morris, Dantín Cereceda, Celestino Fernández de la Vega, Novoneyra, Rafael Lapesa…, a colectánea tamén acolle pronunciamentos críticos do propio Alonso Montero sobre aspectos tan importantes como “a demisión (literaria) de Rosalía en 1881” ou o seu punto de vista sobre o opresor foráneo nalgúns poemas da escritora. A colectánea é rica en textos inéditos, cartas sobre todo, que ilustran algúns dos capítulos (Dámaso Alonso, Rof Carballo…). Capítulos hai que conteñen en apéndice textos sobre Rosalía case descoñecidos.


Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497821926

Idioma: Gallego

Número de páginas: 328
Tiempo de lectura:
7h 48m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/07/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Xesús Alonso Montero


Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), filólogo, ensaísta e polígrafo, catedrático emérito da USC e doutor honoris causa pola UNED, foi presidente da Real Academia Galega (2013-2017). A súa ampla obra abrangue distintos campos temáticos, entre as que se poden salientar: Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973), As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994), Oteriana (Galaxia, 2000), Curros Enríquez no franquismo (1936-1911) (2003), Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (Galaxia, 2006), A batalla de Montevideo (2003), Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 (Galaxia, 2001), Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (Galaxia, 2009) Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011, Premio Losada Diéguez, 2012) e Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio (Antoloxía poética) (Galaxia, 2022).
Descubre más sobre Xesús Alonso Montero
Recibe novedades de Xesús Alonso Montero directamente en tu email

Opiniones sobre PAXINAS SOBRE ROSALIA DE CASTRO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana