📗 Libro en gallego POESIA GALEGA COMPLETA

Edicións Xerais- 9788497821384

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de POESIA GALEGA COMPLETA

Poesía galega completa reúne toda a obra poética en galego de Celso Emilio Ferreiro, reproducida dun xeito fiel nesta coidadosa edición a cargo do crítico Ramón Nicolás, desde os primeiros versos de Cartafol de poesía ata o seu derradeiro e póstumo Libro dos Homenaxes, pasando por poemarios clásicos da nosa literatura que reafirman os logros estéticos de Celso Emilio: O soño sulagado, Longa noite de pedra, Viaxe ao País dos Ananos ou Onde o mundo se chama Celanova. Esta edición enriquécese cun importante número de composicións inéditas que converten este volume nunha proposta actual para redescubrir a un poeta singular e irrepetible.Poesía galega completa reúne toda a obra poética en galego de Celso Emilio Ferreiro, reproducida dun xeito fiel nesta coidadosa edición a cargo do crítico Ramón Nicolás, desde os primeiros versos de Cartafol de poesía ata o seu derradeiro e póstumo Libro dos Homenaxes, pasando por poemarios clásicos da nosa literatura que reafirman os logros estéticos de Celso Emilio: O soño sulagado, Longa noite de pedra, Viaxe ao País dos Ananos ou Onde o mundo se chama Celanova. Esta edición enriquécese cun importante número de composicións inéditas que converten este volume nunha proposta actual para redescubrir a un poeta singular e irrepetible.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497821384

Idioma: Gallego

Número de páginas: 792

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/04/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 4.0 cm
Peso: 891.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Celso Emilio Ferreiro


Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) iniciou desde moi novo unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país. Cando estalou a guerra, foi obrigado a se incorporar ao exército franquista, condenado a morte e posteriormente indultado. En 1948 fundou en Pontevedra a colección Benito Soto. Establecido en Vigo desde 1949, publicou "O soño sulagado" (1954, Xerais 1991) e dirixiu a colección de poesía Salnés, onde saíu "Longa noite de pedra" (1962, Xerais 1990, Xerais 2002). O impacto desta obra foi enorme, esgotada e multicopiada de man en man. Celso Emilio pasou a ser o símbolo da corrente socialrealista. En 1966 marchou a Caracas, onde se enfrontou co sector máis reaccionario da colectividade galega, contra o que escribiu "Viaxe ao País dos Ananos" (1968, Xerais 2004), poemario co que inicia un rexistro satírico que continuará en "Cantigas de escarnio e maldicir" (1968), no romance de cego "Paco Pixiñas" (1970), en "Os autentes" (1973) e mais en "Antipoemas" (1972). En 1973 instalouse en Madrid. Son desta época os poemarios "Cimenterio privado" (1973), "Onde o mundo se chama Celanova" (1975, Xerais 1991) e o "Libro dos homenaxes" (1979). Como narrador publicou dous únicos libros: "A fronteira infinda" (1972, Xerais 1988) e "A taberna do galo" (1978). Con motivo do vinte e cinco aniversario do seu pasamento, Xerais iniciou a edición das súas obras completas, das que se levan publicado os volumes "Obra narrativa" (Xerais 2003), "Poesía galega completa" (Xerais 2004), "Semblanzas, crónicas e artigos" (Xerais 2005) e, agora, "Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)" (Xerais 2020).
Descubre más sobre Celso Emilio Ferreiro
Recibe novedades de Celso Emilio Ferreiro directamente en tu email

Opiniones sobre POESIA GALEGA COMPLETA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana