Palabras desatadas, palabras dadas coma beixos, palabras atadas que nos fican dentro, palabras torcidas, palabras de conformidade, palabras sen esquinas, palabras desfeitas, palabras definitivas, palabras insultantes? Todas estas e máis, conforman este volume da Poesía inédita e dispersa de Luísa Villalta, que pecha o fresco poliédrico dunha poeta que converte o seu proceso creativo nun constante madurar, onde, devagar, nas súas pólas agroman, cal froitos, a música e as palabras.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411763530
Idioma: Gallego
Número de páginas: 200
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 02/12/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Dombate
Dombate
Número: 122
Alto: 22.1 cm
Ancho: 15.9 cm
Grueso: 1.4 cm
Peso: 322.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Luísa Villalta
Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), alén de extraordinaria poeta, foi tamén unha destacada narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga e violinista. A súa obra dramática reúnese en Teatro completo (Galaxia, 2024), e as narracións, Siléncio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001), en Narrativa reunida (Galaxia, 2024). Como ensaísta publicou O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992), O outro lado da música, a poesía (1999; Galaxia, 2021) e Libro das colunas (2005; Galaxia, 2024), ademais de Narrativa inédita e dispersa (Galaxia, 2024).