POESIA

XERAIS - 9788475075464

Estudios literarios Biografías y estudios de escritores

Sinopsis de POESIA

A poesía de Antonio Noriega Varela (1869-1947) serve de ponte entre o legado decimonónico e a literatura do século XX. Autor dun único libro moitas veces correxido e ampliado, do ermo (1920, 1929, 1946...), a súa palabra é clara, poderosa e ten a forza profunda e telúrica da autenticidade.Poesía lírica, cantor da naturaleza e da montaña, amante da anécdota miúda e da forma coidada. O seu verso serve de contrapunto á épica pondaliana, pois sabe que nas cousas aparentemente máis simples e pequenas habita a esencia primeira do corazón humano.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475075464

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/06/2001

Año de edición: 1991

Peso: 149.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por ANTONIO NORIEGA VARELA y Francisco Fernández Del Riego


Francisco Fernández Del Riego
Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenza 1913 - Vigo 2010). Ensaísta e narrador, pertence á promoción de intelectuais xurdidos ao abeiro do grupo Nós, que se incorporaron ás tarefas do Seminario de Estudos Galegos. Foi membro do Partido Galeguista. Logo da Guerra Civil participou na reorganización do galeguismo na clandestinidade. Tamén foi director xerente da Editorial Galaxia. É un dos intelectuais e activistas culturais máis destacados da Galicia do século XX. Foi presidente da Real Academia Galega ata 2001, institución na que ingresou en 1960 co discurso Un país e unha cultura. A idea de Galicia noso nosos escritores. Director da Biblioteca Penzol e da revista Grial nos seus primeiros cen números. Autor de numerosos libros, que iniciou con Cos ollos do noso espírito do noso tempo (1949), ao que seguiron, entre outros: Galicia no espello (1954), ensaio; Historia da literatura galega (1981); Pensamento galeguista do século XIX (1983); Pensamento galeguista do século XX (1983); Ánxel casal e o libro galego (1983); As peregrinacións xacobeas (1984); Diccionario de escritores en lingua galega (1990); O río do tempo (1991), o seu volume de memorias; O cego de Pumardedón (1992), a súa novela; Galicia (Xerais 1992, 2023), o seu libro de viaxes; A Xeración Galaxia (1996), ensaio; Antolín Faraldo, o gran soñador (Xerais 1998), ensaio; Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000); A pegada das viaxes (2000); Castelao e o seu tempo; unha perspectiva ourensá (2001); Cartas de Luís Seoane desde o exilio (2002). Preparou tamén edición da Poesía de Antonio Noriega Varela (Xerais 1991). No ano 2023 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Descubre más sobre Francisco Fernández Del Riego

Opiniones sobre POESIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana