Nacido en Cangas, en 1932, Bernardino Graña aparece vinculado na súa carreira literaria ao colectivo e máis á editorial Brais Pinto, de singular relevo no proceso de renovación literaria, plástica e mesmo ideolóxica que se leva a cabo no noso país a partir de mediados dos anos cincuenta. Membro, pois, desa Xeración, pois, desa Xeración do 57, Bernardino Graña inicia a súa andaina coa publicación, en 1959, de Poema do home que quixo vivir, título ao que seguirán outros moitos que confirman ao noso poeta como unha figura especialmente destacada dentro do panorama da literatura galega contemporánea. Escritos entre 1959 e 1963, os poemas incluídos en Profecía do mar constitúen, sen dúbida, un dos momentos esenciais do devir poético de Graña, destacando na perfecta adecuación que se produce entre o fondo temático e máis a súa expresión lingüistico-literaria. Poesía de concepción totalitaria, as escollas léxicas, as imaxes e efectos rítmicos do texto que hoxe presentamos conflúen nun áxil dinamismo expresivo que sempre ha de emocionar ao lector máis esixente.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475078717
Idioma: Gallego
Número de páginas: 144
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 30/04/1995
Año de edición: 1995
Plaza de edición: Es
Colección:
Bib. Das Letras Galegas
Bib. Das Letras Galegas
Número: 37
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 160.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Bernardino Graña y ED.DE XOSE M. MILLAN OTERO
Bernardino Graña Villar (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de lingua e literatura até a súa xubilación. En 1958 participou na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que é socio de honra dende 1986. Membro da Real Academia Galega, publicou unha extensa obra no ámbito da poesía, do teatro, da narrativa e da literatura infantil. Como poeta publicou: "Poema do home que quixo vivir" (1958); "Profecía do mar" (1966, Xerais 1995); "Non vexo Vigo nin Cangas" (1975); "Se o noso amor e os peixes" (Xerais 1980), Premio Galicia do concello de Santiago de Compostela; "Sima-Cima do voar tolo" (1984); "Himno verde" (1992); "Ardentía. Obra poética completa" (1995); "As Cantigas de Santa María" (Xerais 1996); "Luz de novembro" (1997); "Acendede as almenaras" (Xerais 2008) e "Ser auga, darse en auga" (2011). No ámbito do teatro: "Vinte mil pesos crime" (1962, Xerais 2005), "Sinfarín contra don Perfeuto" (1975) e "Os burros que comen ouro nunca cabalos serán" (1992), Premio Abrente de Ribadavia (1979). Como narrador publicou o libro de relatos "Fins do mundo" (1974, Xerais 1989) e as novelas "Protoevanxeo do neto de Herodes" (Xerais 2006), II Premio Eixo Atlántico La Voz de Galicia-Público de narrativa galego portuguesa, "Carmela e os ladróns" (2010), "¡Medre o mar!" (2013), "A fuga a Exipto" (2016) e "O neno mariñeiro" (Xerais 2017). Publicou en Xerais as seguintes obras de literatura infantil: "O león e o paxaro rebelde" (1969), "Xan Guindán, capitán" (1991), "Oso mimoso" (1992), "O gaiteiro e o Rato Pérez" (1994), Premio Merlín 1993, "Cristo e San Pedro, peregrinos" (1994), "Rata linda de Compostela" (1994, 2009) e "O Quirico lambón" (1997). En 2005 Xerais publicouse, na colección Crónica "Conversas con Bernardino Graña", de Rafael Fernández e Héitor Mera.