ROMANCEIRO EN LINGUA GALEGA

XERAIS - 9788483027547

Estudios literarios Otros géneros literarios

Sinopsis de ROMANCEIRO EN LINGUA GALEGA

O romance, como xénero literario, ten de ser englobado dentro da literatura oral tradicional, documentándose a súa presencia desde o final da Idade Media en todos os territorios ocupados polas linguas románicas hispánicas.Coa presente colección de romances en lingua galega os autores queren demostrar -en contra dunha opinión bastante estendida- que Galicia cantou e recitou historias en verso, sobre todo de carácter novelesco. Moitos coinciden cos romances casteláns; bastantes son comúns á área galego-portuguesa; e tamén existen algúns propios, que non son os de menor beleza. Desde que, en 1863, López de la Vega editou os primeiros romances galegos, foron moitos os folcloristas, etnógrafos e estudiosos da literatura popular que se dedicaron a recollelos. Cabe citar a Manuel Valladares, os irmáns de la Iglesia, Murguía, Saco y Arce, Casto Sampedro, Said Armesto, Hervella Courel, Vicente Risco, Dorothe Schubart e Antón Santamarina. Faltou un gran estudioso, como foi Menéndez Pidal para o romanceiro castelán ou Teófilo Braga para o portugués, pero o volume de material reunido é notable. Probablemente a maior desgracia foi que as mellores coleccións de romances -as de Casto Sampedro e Víctor Said Armesto- quedaran inéditas ata hai pouco. Aínda está sen publicar a obra de Hervella Courel. As coleccións de Murguía e os irmáns de la Iglesia foron incluídas no Romanceiro popular galego de tradizón oral de Lois Carré Alvarellos. Os romances en lingua galega, pola súa calidade, son parte fundamental da nosa literatura e posiblemente no futuro aparezan nas historias da literatura galega, como aparecen nas da literatura castelá, catalana ou portuguesa.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483027547

Número de páginas: 416

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 14/03/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Vigo
Peso: 429.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por XOSE MARIÑO FERRO y CARLOS L. BERNARDEZ


Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é licenciado en Historia da Arte e profesor de Lingua e Literatura Galegas. É coautor do volume "Literatura galega, século XX" (2001) e das edicións de "Fírgoas" de Manuel Luís Acuña (Xerais, 1992) e de "Obra dramática" de Ramón Cabanillas (Xerais, 1996) e Samos (Xerais, 2010); tamén deu ao prelo estudos dedicados a escritores como Rafael Dieste ou Eduardo Blanco Amor. Libros da súa autoría son: "De catro a catro de Manuel Antonio" (1991), "Cincuenta anos de poesía galega" (1994) e "A emoción da Terra. Poesía de Vicente Risco" (1994). En colaboración con Xosé Ramón Mariño Ferro publicou "Romanceiro en lingua galega" (Xerais, 2002) e "Bestiario en pedra. Animais fabulosos na arte medieval galega" (2001). Sobre Lorenzo Varela foi responsable da edición da súa "Poesía galega" (Xerais, 1990) e dos libros "Lorenzo Varela. Vida e obra" (Xerais, 2005) e "Lorenzo Varela. Biografía e antoloxía" (Xerais, colección Merlín, 2005).
Descubre más sobre CARLOS L. BERNARDEZ

Opiniones sobre ROMANCEIRO EN LINGUA GALEGA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana