A obsesión do límite (temporal, existencial, artístico) atravesa e condiciona toda a obra literaria do autor, na que a arte intenta cubrirse cun veo de misterio. Afortunadamente, ese misterio presupón e inclúe a posibilidade necesaria do desvelamento, da lectura, da interpretación. Nada é completamente enigmático porque a literatura é real, a poesía é unha cousa producida, unha obra. O mundo é algo certo, consistente. Esa consistencia do mundo como algo perecedoiro, mais por iso mesmo real, é a que se amosa en Santa morte. A poesía é a inscrición que documenta esa experiencia temporal; os poemas ármanse con vimbios narrativos. Metáforas que carrexan as sombras e a luz. Ironía, se cadra. Ironía infiltrada de piedade, e, polo tanto, desposuída de cinismo.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491513223
Idioma: Gallego
Número de páginas: 116
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 02/04/2019
Año de edición: 2019
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Dombate (Poesía)
Dombate (Poesía)
Número: 83
Alto: 22.0 cm
Ancho: 12.2 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Manuel Darriba
Manuel Darriba (Sarria, 1973) é guionista, poeta e narrador. Traballou como xornalista, dirixiu revistas técnicas e dende 2011 dedícase á escritura creativa. Recibiu premios como o González Garcés de poesía, o Lueiro Rey de novela curta ou o Fernández del Riego de xornalismo literario, entre outros. Escribe guións para programas e series de televisión («Land Róber», «Malo será!», «O Faro», «Serramoura»...). Debutou na narrativa en 1997 coa novela xuvenil «Paf Xarope», á que seguiron títulos como «Velada do billarista» (2001), «Accidental» (2003), «O bosque é grande e profundo» (Xerais, 2013), os tres publicados tamén en castelán, o libro de relatos «Elefante» (Xerais, 2018) e «A realidade» (Xerais, 2021). Coa súa incursión na narrativa infantil («Brais e os demais», 2010) foi finalista do Premio Frei Martín Sarmiento (2012). É autor dos poemarios «Calor» (1997), «Vostede non sabe con quen está a falar» (Premio Espiral Maior 2004) e «Os indios deixaron os verdes prados» (Premio González Garcés 2010). É autor, con Daniel Salgado, da crónica política «AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda» (2013). Sobre «O bosque é grande e profundo» (Xerais, 2013), a crítica dixo: «Unha das obras máis orixinais e innovadoras da literatura galega dos últimos anos» (Francisco Martínez Bouzas, blog «Novenoites»); «Brutal, terrible e inmisericorde [...], unha subxugante novela» (Armando Requeixo, «Diario de Ferrol»); «Una trama poblada de la crueldad de los cuentos clásicos. Nos sorprende y nos zarandea» (Care Santos, «El Mundo»); «Collage intelixente e lúcido, experimental, eco de avangardas xa vividas [...] necesarias neste tempo de literatura branda» (Xosé Carlos Caneiro, «La Voz de Galicia»); «Unha lectura engaiolante e arriscada [...], unha obra de fondo alento» (Ramón Rozas, "El Progreso"). Sobre «Elefante» comentouse que está «no ronsel do mellor Borges (...), nos ecos do Carver máis inquedante» (Armando Requeixo, «Diario de Ferrol»). (Foto do autor: Toño de López )