SIGUEME

UNHA HISTORIA DE AMOR QUE NON TEN NADA DE RARO

OQO Editora- 9788498716764

Infantil 5 a 6 años Álbumes ilustrados

Sinopsis de SIGUEME

Un elefante gris con lunares morados, que vive nunha selva, namora dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero para chegar a estar xuntos teñen moito camiño que percorreren. A formiga convida o elefante a seguila e o elefante non o pensa dúas veces. Nin lento nin preguizoso, o elefante percorre un camiño bordeado de árbores, métese ata o fondo dunha cesta de costura, nada dentro dunha botella de auga.…Despois de moito andar, o elefante e a formiga atópanse e gozan do seu amor, un amor con cintura de avespa e lunares morados que non ten nada de raro!.
José Campanari, despois de máis de vinte anos de traxectoria no mundo das artes escénicas e da narración oral preséntanos, no que foi o seu primeiro álbum ilustrado, unha historia divertida, delirante e surrealista. Con gran sentido do humor, Campanari crea un personaxe entrañable, capaz de percorrer calquera camiño, por difícil que pareza, na procura do amor verdadeiro.
Unha lectura máis profunda de Sígueme tamén nos permite enxergar unha historia de amor sen prexuízos e cuns protagonistas dispostos a superaren calquera tipo de diferenza ou barreira (tamaños, cores, culturas, hábitats).
Roger Olmos aproveita o ton surrealista da historia para idear espazos imposibles, cheos de humor e tenrura, pero que o ilustrador converte en verosímiles. Alén diso, enriquece con todo luxo de detalles e trazo destro, os distintos escenarios. Porén, a empatía do lector non se logra só a través das imaxes, senón que este, en cada nova lectura, será sorprendido con notas de humor que estimularán a súa curiosidade e imaxinación.

Ficha técnica


Ilustrador: Roger Olmos Pastor

Editorial: Oqo Editora

ISBN: 9788498716764

Idioma: Castellano

Número de páginas: 48

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/09/2022

Año de edición: 2022

Plaza de edición: Pontevedra
Colección:
colección O
Alto: 23.0 cm
Ancho: 25.0 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 540.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por José Campanari


Descubre más sobre José Campanari
Recibe novedades de José Campanari directamente en tu email

Opiniones sobre SIGUEME


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana